Número total de visualizações de página

terça-feira, janeiro 29, 2008

Manuscrito II (reconstrución)

Foto de X.B. Arias

Eu son. O meu nome acenderá unha estrela nova en cada constelación. S.O.S. Fomos ficando sós, o Mar, o barco e máis nós...Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos. Eran os vellos ou os novos? -Eu non firmei isa folliña- dice Paradela que le respondió Cebreiro- Manoel-Antonio dixome: Qué che parece iso? Y eu lle dixen : Boeno. I apareceu co meu nome. Eu non-a firmei. Anyway: Pra que falar da primaveira, si o único que nos trai o abril é un saldo de flores de bazar? e un xardín incestuoso ergue aqueles SóS tan fortes do amor tamén son capaz de decorar interiores. Interrupto pero desfeito. Luzia Sanchez, jazedes en gran falla comigo, que non fodo mais nemigalla d´ua vez, e pois fodo, se Deus mi valla, fiqu´end´afrontado por tercer dia. e que despois de tres ou catro anos de facer vida formal, veulle un gran descreto en toda aquela bisbarra porque se soupo que non fora unha soa tolaxada a do rapaz con que fuxira, sinón que lle gorentaban os mozos, coasi raparigos, que desque os pillaba non lles daba repouso, até deixalos chuchados como de meiga, que algún morrera das resultas, que xa era moito argallar. Non me importa que o fixeras, pero con esa mona. ¡Hostia, é que non o entendo! Non me digas que non é unha mona, se o único que quería era deitarse contigo. Se é un cara, joder, se é un cara. No seu tempo, Manuel Antonio tivo a radical audacia de mandar á merda toda a literatura galega.
Fomos ficando sós, o poeta, o idioma e mais nós.

10 comentários:

Anónimo disse...

Suroeste,
Es que ahora ya se te va hasta por el río abajo, como la troita.

arume dos piñeiros disse...

Xa lle pode dicir ao fotógrafo ese que vaia deixando a cámara e que se poña coa Historia de Iria. ;)
Agora en serio: noraboa por estes belísimos últimos posts.

SurOeste disse...

Por fin alguén con sensibilidade...e fe n´O Manuscrito.Grazas querido amigo rumoroso. Do outro asunto eu, comprenda, que non podo, non debo. Doutores ten a Universidade, mais aquí tampouco non aparecen a facer crítica textual, vostede ben ve en que precariedade andamos.

Ana Bande disse...

Belísimos, si señor...e non, non deixe a cámara que é unha ledicia ver esas fotos

barb michelen disse...

Hello I just entered before I have to leave to the airport, it's been very nice to meet you, if you want here is the site I told you about where I type some stuff and make good money (I work from home): here it is

maligna disse...

Si, home

Agora tododiós a darlle xabrón a Suroeste: "belísimos", "é unha ledicia", "very nice to meet you"...
Pero que cursilería, chiiico!!

Dr. Cronotropian disse...

O cronotopo manuscritil está ben. Non hai queja. Seguirei coa análise literaria devagar. Mañá, a heterotropía, segundo Foucault (nada de péndulos).

dr. cronotropian disse...

Como xa sospeitaba, a miña análise do cronotopo do manuscrito fíxome branco das críticas dos meus colegas de Departamento. Levo toda a mañá recibindo correos electrónicos. Eu vou defender a miña tese no XVIth Annual Meeting of Chronotopists cun paper titulado "'Don´t you dare to criticize the Galician Manuscript Chronotope': new trends in chronotope analysis". Cando o lean, van abraiar eses fervellasverzas.

SurOeste disse...

Xa, e a min quen me axuda a reconstruír o manuscrito? Eu fago o que podo, pero está nun estado lamentábel: exceso de tonner nalgunhas pasaxes, borranchos, roídas de rato, restos de aceite con pementón (seguramente dunha picaracha), por non falar da desorde dos folios á que xa aludín en non sei que post anterior.
Necesitamos un hermeneuta-reconstrutor xa! Abstéñande os desconstrutores!

professor Church disse...

Dear Dr. Suroeste
Yo soy muy feliz de recibir la invitación de usted para intentar reconstruir el manuscrito. Sere en su pais proximo jueves. Le ruego venga a cogerme para arriba en el aeropuerto pues soy un persona con edad. Por su reporto estoy pensando que se poder tratar de un manuscript facticio o poder ser que venir de multiples arquetipos (remarkable!). Estoy investigando esta posibilidad realmente oustanding pero por mi edad avanzada soy un poquito retrasado en el trabajo (prostate problems,you know). No sea preocupada por las manchas; las he visto mucho peores (I can`t describe them, as I am a new born Catholic, I hope you'll understand me). Ansiando para la encontrar, se despide de usted.

Professor. A. Church.
University of Port
OHIO