Cada día teño máis claro que non son, nin de lonxe, o tipo de Sarko. Menos mal, porque a min o presidente de Francia váiseme parecendo ao sacristán aquel do conto que, coa súa insistencia e arrogancia, vencía calquera obstáculo que se opuxera aos seus desexos. O cura xa lle tiña as medidas tomadas desde o día en que, farto da súa continua ladaíña, acabou dándolle o reloxio prometido por non sei que traballo a maiores que lle fixera. E conste que o cura era coma a virxe do puño, pero nin así puido con el.
Un día foille unha moza a confesar:
-Que o meu mozo insísteme moito, que non dou palabra de poder resistir, que tal e que tumba.
-Mantente firme, miña filla, o teu corpo é templo de El Señor, alabado sexa, ao demo non lle hai que dar nin a máis mínima oportunidade, e todo por aí adiante.
-É que vostede non sabe como é o meu mozo.
-Non será para tanto, muller, tendo a vontade limpa e rexa e a protección de Deus.
-Non lle sei eu, cando volva seguro que xa sucumbín.
-Non o digas nin de broma, falo eu antes con ese mozo e cántolle as corenta en bastos, quen é?
-Élle o sacristán, señor cura.
-O sacristán???? Ai, miña neniña, dáte por fodida!!!

6 comentários:
Abortei unha gargallada (que non lle coñecía o conto) cando lembrei que falabamos do presidente francés e o moito que se lle parece a un que tivemos por aquí e cuio nome -como o Quixote- prefiro non acordar. Moi bo!
Conta, Torre, conta, seremos unha tumba.
Moi bo!
Eu tampouco coñecía o contiño.
Supoño que torredebabel se refire ao Carlos Menem, que a pesar do poco agraciado física e intelectualmente, conseguiu casar coa Bolocco...
Pero Sarko promete máis...
Teño a sensación de que os franceses se van a cansar pronto de Sarko, dos seus amoríos, da sua hiperactividad e da sua chulería.
Certamente, raposo... anque eu non me cansaría tan rápidamente da señorita Bruni, acorde co meu gusto superficial na vida e na literatura (barroco...) polas belezas obvias, evidentes e moi pulidas... Quédome coas verbas descriptivas de Justine Lévy, á que lle roubou o marido e que tivo peito para novelizalo: 'mantis relixiosa' cun 'sorriso de Terminator'.
Non sei o que verá en Sarko, alén da erótica do poder, claro. Tampouco antes a Cecilia, que melloraba en moito (chínchate, sir Gawain!) á musa sociata, Segolena...
Enviar um comentário