Número total de visualizações de páginas

terça-feira, abril 01, 2008

Desconectada/desterrada

Si, aínda non me decidín por ningún outro contrato enganoso. Mírolles as tripas e o corazón con infinita deconfianza: sei que vou levar outra vez un desengano. Por iso non me apuro.
Mentres, os post amoréanseme na cabeza. Digo para min, debería poñer un post sobre..., ou que post poñía eu con isto..., ou así dios me leve como daba para un bon post... mais sigo se dar o paso, non me dou conectado e andando.
Empezo a dubidar se vou perder o meu pequeno reino, coma unha casa sen xente que primeiro váiselle levantando unha tella, logo outra, logo dunha suroestada ábrelle unha ventá que vai pasar xa todo o inverno a baterse e así, cando xa as silvas soben polos muros, aparece alguén que lle pon un cartel de VÉNDESE. E os veciños, por tras dos cristais da súa casa, póñense a falar de cando a casa estaba habitada e polas noites botaba fume a chimenea, de cando nacían nenos na casa, da xente daquela casa e, claro, de quen podería estar interesado nunha ruína ao xeito.