Si, aínda non me decidín por ningún outro contrato enganoso. Mírolles as tripas e o corazón con infinita deconfianza: sei que vou levar outra vez un desengano. Por iso non me apuro.
Mentres, os post amoréanseme na cabeza. Digo para min, debería poñer un post sobre..., ou que post poñía eu con isto..., ou así dios me leve como daba para un bon post... mais sigo se dar o paso, non me dou conectado e andando.
Empezo a dubidar se vou perder o meu pequeno reino, coma unha casa sen xente que primeiro váiselle levantando unha tella, logo outra, logo dunha suroestada ábrelle unha ventá que vai pasar xa todo o inverno a baterse e así, cando xa as silvas soben polos muros, aparece alguén que lle pon un cartel de VÉNDESE. E os veciños, por tras dos cristais da súa casa, póñense a falar de cando a casa estaba habitada e polas noites botaba fume a chimenea, de cando nacían nenos na casa, da xente daquela casa e, claro, de quen podería estar interesado nunha ruína ao xeito.

8 comentários:
Ola, señora Suroeste. Pódese poñer en contacto comigo no enderezo Xmiranda.ruiz@mundo-r.com
Ti tamén, bruta...
Non es a única que tivo problemas coa conexión e cos computadores...
volta oh!
Aínda non estou preparada, frater. Sigo meditando vías de solución.
xa era hora de que entrase e che dixese que Roxiña cre que o teu blog ten o mellor dos nomes posibles. Ave P-Man!
Grazas a todos por seguir vindo e manter a lareira acesa. Nebeda-Roxiña, cal sol dourado, P-man=Pemán, don José Mª? Mmmm, non sei se agradecercho ou tirarche unha zoca.
Ben amigos, xa estou reconectada, o que pasa é que a miña ansia posteadora deveceu moito e estou meditando. Deixa a ver como acabamos.
Iso é unha forma retórica de xustificar a preguiza, Madame Sul... non ten vostede perdón de Deus (nin dos homes...)
Irmá! vostede ben sabe que mesmo Xesucristo tivo que retirarse ao deserto a meditar... e era Deus, irmá!
A parroquia quere SuroEste, ou é que unha ventada fixoa mudar de rumbo?
Enviar um comentário