Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, janeiro 30, 2009

A campaña anímase




Corina Porro confesa que cando era parlamentaria no Hórreo falaba o galego moi mal, obrigada polo seu cargo. Pobre Corina, é terríbel facer o ridículo. Pero a cousa non queda aí: mentres ela se esforzaba, con escaso éxito e obrigada polas circunstancias, coa lingua galega, Teresa Táboas (sempre segundo a súa versión) falaba castelán e non se puxo a falar galego ata que chegou a conselleira. E aínda por riba fálao ben! Non hai dereito: todos á manifestación con Corina Porro!!!! Monilingüïsmo ao poder!!!

quarta-feira, janeiro 21, 2009

Inspiración pondaliana no discurso de Obama

O discurso de Obama onte foi unha arenga de sobra coñecida polos galegos, un chisco máis pobre a nivel simbólico:

O xuramento sagrado é o que din os rumorosos ao raio transparente... etc.: o Gran Relato
Os Pais Fundadores son Breogán e achegados
América é o fogar de Breogán
Os cínicos (escépticos nalgunhas versións) son os imbéciles e escuros

Só unha persoa que tivo que loitar pola súa identidade -un mestizo- podía facer un discurso tan identitario.

quarta-feira, janeiro 07, 2009

Suroestada

Con este frío que fere os pulmóns sei que topabades en falta un non sei que húmido e revoltoso que vén do mar, desfacendo peiteados, humillando paraugas e levantando tellados. E aquí estou, suroeste coas súas suroestadas, volvín despois de levar por diante algunha ilusión e algunha que outra vareada. A vida é así caprichosa, vira o vento cando un menos o espera e hai que ir fiando freba a freba un día despois do outro, e se hai que desfacer desfaise. O importante é quedar satisfeito co que se vai deixando polo camiño.
Ou non era así?