Número total de visualizações de página

quinta-feira, outubro 18, 2012

On the road





 Foto SW

Si, querida, como cho conto: a industria editorial nacional-popular pasa de min. Inexplicábel, querida, certamente inexplicábel. Co xeitosa que eu son para iso e para o outro e aquí me tes criando un resentimento deses que non poden ser bos para a saúde. E se morro que? de quen é a culpa? De quen se non miña e miña, como me dixo moi claramente unha nai, á que eu insistía en suspenderlle á filla, que seique estaba preñada, a nai, e se abortaba, que?

De resentimento falabamos. De antieditorialismo agudo. De decisións como: ah... si?  Así eu tamén paso de vós. E aquí me tes, querida, on the road, moi, pero que moi atarefada.