Número total de visualizações de páginas

domingo, agosto 06, 2006

Leite ou patriarcado


O meu pai ten dúas irmás: unha do seu mesmo pai e nai e outra simplemente de leite.
Cando a miña avoa Carmen estaba acabada de parir, unha muller da parroquia veulle pedir por caridade que aleitase á súa filla porque ela estaba seca. Sen teta, a nena morrería nos seus primeiros días, cousa nada extraordinaria nun ano de fame coma o 41. "Tráema logo" e, despois de mamar o meu pai, a nena zugaba o que aínda quedaba. O seu marido non estaba en absoluto de acordo coa decisión dela, "pobriña de ti como lle falte leite ao meu fillo", advertíralle. A xenerosa Carmen, sempre tan sumisa ao seu home, neste caso mantívose firme na súa decisión e, gracias á optimización do seu valioso e nutritivo leite saíron adiante dúas criaturas: meu pai con certa vantaxe, como é natural, e a súa compañeira de leite que aproveitou ata a última gota.

11 comentários:

torredebabel disse...

que historia tan pero tan fermosas! Sabes? a primeira leite que un neno toma do peito da nai é mais auga que grasa. A segunda é a que mais alimenta. Daquela, a xenerosidade da tua avóa Carmen foi ainda mais enorme do que ela sabía.

Máis información: www.fundalam.com.ar

SurOeste disse...

Si e tamén sei que canto máis mama o(a)(s) neno(a)(s)máis leite se produce. O meu pai non corría risco ningún de desnutrición mentres dependeu das tetas da súa nai. Pero mira ti o que son as cousas, hoxe en día nun país desenvolvido coma o noso, as mulleres dubidan da súa capacidade de alimentar ao seu bebé polos malos consellos do persoal médico (en parte)que lles fai dubidar e en seguida che venden leite de multinacional " por se non lle chega co teu". A min un pediatra botoume unha bronca cando lle dixen que o meu fillo de 6 meses só se alimentaba co meu leite (e ben gordiño que estaba). O patriarcado en forma de multinacional apropiándose do noso corpo, como toda a vida.

torredebabel disse...

tes toda a razón, suroeste! E o tema ten menos de pouca información dos médicos e mais de negocio de multinacionais. Non lembro agora ben pero pode que fora a Nestlé foi condanada pola xustiza por mentir co tema do leite. Na Arxentina, a meirande parte dos médicos (case que diría eu que todos) prefiren a leite materna para os nenos e iso é pola boa formación das universidades pero tamén polo traballo de formiga (pero unha formiga poderosa!) que fan as puericultoras de Fundalam, a Liga de la leche e outras asociacions. Non deixan pasar nada!!! E moito ben fan. Ao meu fillo que naceu antes de tempo e con alguns problemas, moito lle valeu a leite materna para porse mellor. Leva case dous anos sen enfermidades importantes, sendo un neno san e lindo. Patriarcado non! leite si!!

eue disse...

Nos EUA protestaron pola portada dunha revista que amosaba unha nai que aleitaba o fillo, porque a teta era moi grande. En realidade nin sequera se ve que sexa unha teta. Puta profilaxe estúpida que nos está facendo febles e hiperalérxicos. Viva o leite de miña nai. Eu, Mámoa.

SurOeste disse...

FEliz de contar contigo outra vez, eue. Tómaslle algo? Ai si, xa o dixeches...a ver que se pode facer, está difícil conseguir leite fresco nestes tempos.

Isabela Figueiredo disse...

Que bom dar leite, muito leite a muitas crianças, e fazê-las porque as queremos ter, e lhes queremos dar o nosso leite. Mais uma pequena história comovente. Adoro ler-te.

Torreira disse...

O teu pai aprendeu a compartir cedo...unha boa ensinanza.
Boa historia

R.R. disse...

Gustáronme moito as historias que lin no blog.
Comento aquí que eu teño fillos parizos (xémeos) e ata hai ben pouquiño (teñen xa dez meses) sobrevivían exclusivamente a base do leite materno, pero o medo que tiña teu avó tamén o tiñamos nós cando naceron (así que daquela, con aquela fame e sen medios, imaxina).

Noraboa polo que nos contas. ;-)

SurOeste disse...

Moitas grazas e ánimo coa crianza. Eu tamén teño irmáns mellizos e axudei bastante a crialos (era unha mociña cando naceron), polo que sei do que me falas.

SurOeste disse...

Por certo, á túa muller un monumento na horta esa que sei que tedes pola súa adicación leiteira.

Anónimo disse...

Caramba que historia tan fermosa, gustoume descubrila inda que chegara tarde. A imaxe tamén é ben linda!!!.

Unha aperta.
:)