Número total de visualizações de página

terça-feira, agosto 29, 2006

Fóra


Hoxe levei un susto. Quixen entrar no blog e non me era posible: 403 Forbidden. Probei dunha maneira, probei doutra entrando por outro blog... nada! Fun a Google, tecoleei a palabra máxica careixós e alá apareceu a entrada dos Careixós. Pensei "agora actualizo e entro", tampouco! Non me era posible entrar na miña casa virtual. Sentinme á intemperie, sen acubillo. Que ía facer agora? Vagar polos outros blogs coma alma en pena? Seguiría tendo dereito ao meu nick? Ata cando? A miña casiña perdérase e non sabía como puidera ser. Se acaso un ente superior decidiu eliminala. Ou gastarme unha broma pesada. Ou non era mais ca un capricho do ordenador e mañá volvería a aparecer coma a nubosidade variábel vai entrando pola boca da ría.
Todo isto pensaba eu, amigos, pero non deixaba de fedellar no trasto para atopar o camiño da miña casiña ata que ...flop! Apareceu na pantalla o último post, cos seus comentarios, o último de JPT, aínda por ler. Ai, Ai, abríanseme as portas de par en par. O meu sitio nuboso! O meu bloguiño!!

¡Miña casiña, meu lar!
¡Cantas onciñas de ouro me vals!

4 comentários:

torredebabel disse...

todos nós deixamos moito do que somos e pensamos e sentimos nestes lugares tan fráxiles. Eu gardo cada post, coa foto e os comentarios. E tamén os comentarios por separado. E tamén os textos sen as fotos... e no momento no que atope algunha outra combinación, tamén os gardarei así!

SurOeste disse...

Eu, que non son tan precavida nin metódica, teño todo neste cofre desferrado que vou sentindo como unha habitación propia.

torredebabel disse...

Ola! hoxe, seica, é o día do blog. Deixei no meu algunhas palabraiñas sobre o teu
http://fiosinvisibles.blogspot.com/2006/08/o-da-do-blog.html
Apertas!

LF disse...

Olá !
Cá estou eu !

Teria todo o prazer em que visitassem o meu blog:

www.fumo-sem-fogo.blogspot.com


E... para quem goste de futebol:

www.vedetadabola.blogspot.com