Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, agosto 04, 2006

Tabú


Dicía hoxe Isabela que o sexo xa non é tabú. Se cadra empezou a deixar de selo cando Courbet se atreveu a enfrontarse á mesma orixe do mundo. Agora o tabú é chamarlles ás cousas polo seu nome. Isabela escribiu hoxe unha historia sentida en carne propia que sabe que vai molestar porque moitos prefiren agochar o lixo debaixo da alfombra e cubrir todo de palabras correctas. Iso tamén pasa neste país e chámase Lei da memoria histórica. 75 anos despois aínda hai quen pretende non ser perturbado pola crúa verdade.

4 comentários:

Isabela Figueiredo disse...

Sim, isso mesmo. A memória histórica é manipulada pelos poderes de uma altura e pelos que vêm a seguir, indefinidamente.
A Galiza precisa da memória história da Galiza, é certo.
Mas eu escrevi que não havia tabus sobre o sexo, é verdade: mas isso é o que eu acho que a vox populi publicita. O que eu penso é outra coisa, e ando a ver se consigo entender-me para escrever sobre isso.

SurOeste disse...

O TEXTO FOI APROBADO E DEBATERASE A FINAIS DE ANO
Amnistía Internacional critica o anteproxecto da Lei da memoria histórica

[02/08/2006 08:19] O anteproxecto de lei de extensión de dereitos aos afectados pola Guerra Civil e pola ditadura foi aprobado pero non deixou contento a ninguén. Organizacións como Amnistía Internacional cualifican de "decepcionante" este texto que, ao seu ver, non repara adecuadamente os represaliados polo réxime franquista. No caso das vítimas galegas, como Sánchez Bravo ou Humberto Baena, esta lei non os ampararía, xa que foron asasinados no 1975 e o texto non contempla a quen foi condenado a morte nese ano.


Nunha valoración feita por Amnistía Internacional de Galiza sobre o contido do Anteproxecto de lei aprobado o pasado día 28 no Consello de Ministros, o coñecido como Lei da memoria histórica; din que o seu contido é decepcionante, que se afasta das normas internacionais de dereitos humanos, que esquece a xustiza, e non repara adecuadamente as víctimas. Ademais, consideran que este texto non avanza de manera substancial na procura da verdade. Na opinión dun dos responsábeis da organización, Alberto Estévez, esta lei afastará a posibilidade de que a resolución se poida efectuar a través da vía xudicial, xeito que garantiría unha maior reparación do nome dos represaliados.

Se atendemos a estes dous galegos asasinados, Humberto Baena e José Luís Sánchez Bravo, pero tamén no dos demais que foron asasinados no 27 de setembro do 1975, e de manterse o texto da lei tal e como se aprobou, os seus nomes non verán anulada a culpabilidade á que foron condenados. Neste sentido, han ser as familias, segundo relatou Estévez, as que tiren deles para que a xustiza poida reparar o dano causado. No que respecta ao segundo dos represaliados, este traballo aínda non foi iniciado, xa que non se lle coñecen parentes.

Recomendacións de cambio
Entre as iniciativas que van pór en marcha desde Amnistía Internacional co obxectivo de modificar o máis posíbel o texto aprobado o pasado venres atópanse as recomendacións ao mesmo, que agardan sexan admitidas no debate desta lei que se realizará a finais de ano. Namentres, Estévez afirmou que manterán contacto cos representantes galegos nas Cortes para que teñan en conta as súas revindicacións, así como o diálogo coa Consellaría de Cultura durante o outono coa mesma finalidade.

No que se refiere ás decenas de miles de persoas "desaparecidas" ou vítimas de execucións extraxudiciais que aínda permanecen en foxos comúns, en moitas ocasións sen localizar, o anteproxecto "segue a liña decepcionante" da orde do ministerio da Presidencia do pasado decembro, que establecía subvencións a particulares para a exhumación dos restos, trasladando dese xeito ao ámbito privado a responsabilidade deo Estado de investigar os graves atentados contra o dereito internacional que se cometeron durante a guerra civil e o réxime franquista, afirman desde a organización.

Con relación aos arquivos, as medidas anunciadas, "poden supor algunha mellora para a conservación e localización da información dos arquivos da represión", aínda que, segundo relatan os membros de Amnistía Internacional, non parecen estar orientadas a facilitar o acceso a unha información vital para demostrar a condición de víctima e así poder acceder ás axudas arbitradas na lei, ademais da recompensa moral de ver cumprido o seu dereito a conoceren a verdade para as familias.

Quéixanse tamén de que o anteproxecto non aborda a anulación de condenas dictadas logo de xuicios inxustos e lembran que o dereito a un recurso ante graves violacións de dereitos humanos "é inderogable", especialmente cando se alega a violación do dereito á vida". Dicir que este anteproxecto foi proposto xa hai dous anos, aínda que se diluiu co paso do tempo e o resultado final non produciu se non críticas nos partidos que teñen representación no Congreso dos Deputados. No caso de Esquerda Unida, o seu secretario xeral, Gaspar Llamazares, asegurou que presentará alegacións, mentres que ERC afirmou que emendará a lei na súa totalidade. O PP tampouco apoiou o texto. Haberá que agardar.



Ligazóns relacionadas:
Memoria pública de Xosé Humberto Baena
Recuperando memorias: homenaxe aos republicanos galegos
O barco da memoria percorre Galiza para nos devolver o que é de noso
A Comisión pola Memoria da Coruña pídelle ao Concello que condene o golpe

SurOeste disse...

Uff! paseime...agora o texto abreviado:
En España houbo un golpe militar en 1936 que, despois de 3 anos de guerra civil, acabou co réxime republicano democrático e instaurou unha dictadura fascista que durou 40 anos. A represión contra os partidarios da república foi brutal. A transición preferiu ignorar todos estes mortos anónimos, todas as foxas comúns. Non houbo ningún tipo de reparación, nin de interese polo tema. O admirable país que abre proceso a Pinochet e aos militares arxentinos prefire non saber nada do que pasou na súa casa. Só agora os netos esixen a verdade. Unha parte importante da sociedade, representada polo Partido Popular, está en contra desta Lei. E velaí a polémica.
En novembro escribín algo sobre o tema neste blog. Era unha pedra que eu levaba dentro. Coma a de Isabela. Tituleino, precisamente, Memoria histórica.
Hoxe, mentres xantabamos, dixo a miña nai:" hoxe fai anos que mataron ao meu tío. Foi o día das Neves".

Anónimo disse...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! tatung blood pressure monitor Acuvue coloured contact lens discount online Visa card photos