Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, agosto 14, 2006

O campo e os blogs (homenaxe a Bourdieu)


Onte deume por pensar que isto dos blogs funciona moi seriamente coma outro campo calquera, sexa o literario, o cultural, o político, o económico, o académico... Hai blogs que nos falan desde o centro do campo e outros desde as marxes. Hai algúns aos que sempre imos coa esperanza de aprender algo, ás veces atrevémonos a deixar un comentario moi humildemente a ver se, cun pouco de sorte o atrevemento recibe a súa recompensa coa visita ao teu lar bloguístico dunha gran figura do campo ou se aparece citado nos enlaces dalgún moi concorrido. Iso sobe a moral, fai quitar peito e na seguinte excursión polos blogs dos outros xa un/unha se atreve a deixar o seu comentario, mesmo se é polémico. Polo que veño observando só os grandes nomes, os pesos pesados da bloguería se atreven a deixar comentarios insolentes que inciten ao receptor a tomar unha postura clara acerca deste ou outro tema. Os miñaxoias non nos podemos permitir eses luxazos. Loitamos por existir, por ser recoñecidos e, de paso, recoñecérmonos nos comentarios e agradecementos dos demais. Pero coidadiño, que calquera día regañamos os dentes, sacamos as poutas e descabezamos unhas cantas vacas sagradas para consagrármonos nós, eu polo menos. Quítate tu pa ponerme yo será o gran himno do campo ese día.

10 comentários:

torredebabel disse...

tes toda a razón (e te-la cunha ironía moi intelixente e admirable). E digocho eu que fago o blog dende a marxe mais marxinal de todas que nin na terriña estou! Suroeste, pode que non sexas dos famosos, dos "pesos pesados da bloguería" pero eu sempre paso por acá a ver se aprendo algo, como dis...

SurOeste disse...

Torredebabel estás no mesmo miolo do blogmillo: adorámoste.
Pirata, se ti tiveses un blog e eu fose unha das túas asiduas, queresme dicir que terías tanta forza de vontade como para non ler os meus comentarios? Resistiríaste ao aguzado xenio de Isabela? Pero home, se é un prazer tervos aquí, unha clientela tan selecta que me pon o ego na estratosfera! Isto é case unha agradábel reunión de amigos. A quen lle poden interesar as cousas que poño no blog se non é xente xa en principio bastante afín?
A ver cando nos convidas á túa propia casa/barco virtual, Pirata.

SurOeste disse...

Para o pirata sen lancha:

obrigado>grazas(actualmente forma estándar)/gracias (máis popular)/graciñas (se te queres poñer tenro coma unha nabiciña)

Aclaranos iso do "obispo", que che quedou un tanto críptico (eu polo menos non o entendo).

SurOeste disse...

Remítome ao "campo" fermosa náufraga e á súa férrea disciplina: ti estarías neste momento no subcampo de produción restrinxida.

SurOeste disse...

Laméntoo, Pirata, non podo xogar contigo ao xadrez porque non teño nin idea. Acabo de saber que os bispos tamén van ao fossado no taboleiro! Non debían quedar na retagarda nun discreto papel instigador??

Torreira disse...

Gosto do subcampo da producción restrinxida...ídeme pedindo unha ronda para o mesmo que xa acredito nel!!!!

SurOeste disse...

No Olimpo só se toma hidromel, Torreira.

Anónimo disse...

Por que non fas unha tese de doutoramento sobre blogs e literatura. Tes madeira pra iso.

SurOeste disse...

Non son o suficientemente lúcida para estar dentro e fóra ao tempo: cómpre obxectividade, desapaixonamento, distancia. A idea é excelente, alguén debería facelo: ti, por exemplo.

Torreira disse...

Hidromel?????...cajo na tos,pedídeme logo unha barrica ao campo dos malditos