Número total de visualizações de página

segunda-feira, agosto 21, 2006

Eufemismo e diglosia

Non o podo evitar, e mira que o intento, pero a filoloxía é coma un sacerdocio: imprime carácter. Estoutro día aínda rimos ben o meu carniceiro preferido e máis eu a conta dun uso lingüístico que non puiden deixar pasar por alto.
Eu pedinlle un polo e medio.
El colleu un polo, "paréceche ben?", "parece", parteu outro á metade e preguntou:
"Quérelo con cuello ou sen cuello?"
A min petoume a risa.
"Home, Gabriel, será con pescozo ou sen pescozo, ou non? Vai chegar o día en que os polos tamén teñan piernas en vez de patas ou zancos".
Os dous a rir.
"Tes razón. Xa non sei nin o que falo con tanto madrileño".
"Esa é unha, claro, pero non creo que os polos madrileños teñan cuello e piernas, máis ben terán pescuezo e patas, máis ou menos coma os de aquí, que seguen sendo polos, oíches?"

E, digo eu, se os polos madrileños son pouco máis ou menos coma os galegos, por que as cousas cando se din en castelán parecen máis finas?
Anímovos a contar a vosa experiencia eufemístico-diglósica.

2 comentários:

torredebabel disse...

buf... moitas teño vivindo en Bos Aires, nunha familia na que os maiores falan galego entre eles e con nós, os novos, pero ninguén pensou que merecera a pena enseñarnos a lingua, polo que nós respondemos en castelán, claro. Dese xeito, mais que diglosia, temos esquizofrenia lingüística. Fai tres anos, conteille á miña avóa que quería estudiar galego. Miroume desconcertada e cun pouco de pena, e preguntoume (en galego, claro): "E para qué?".

Isabela disse...

Bem, nós dizemos perna de frango ou galinha. E pesçoço. A pata é só mesmo a zona digital, que pousa no chão. E quanto ao colo (cuello) usamo-lo nos seguintes contextos: o colo da dama (este é arcaizante) ou transporto a criança ao colo (transporto-a junto ao peito, segura nos braços).