Número total de visualizações de página

quinta-feira, agosto 03, 2006

Inversión

Un amigo ten un pequeno capital que desexa invertir sen moitas dores de cabeza. Poñamos que dispón duns 80000 eurazos. Xa ten casa, xa ten coche e pretende que estes cartos non lle perdan valor senón que o gañen co tempo e sen molestarse moito. Leva uns días chamando a canta promoción inmobiliaria atopa anunciada nos seus paseos pola costa. Por que non invirtes en algo máis imaxinativo ca en cementar a costa? Pregúntolle. E argumento: as grandes construtoras teñen previsto facer unha 500.000 vivendas na costa galega. Urbanizacións fantasma que só se ocuparán uns días ao ano. Os concellos involucrados volcaranse en dotar de servizos esas novas urbanizacións, servizos dos que nunca gozarán as poboacións consolidadas, que acabarán sendo unha especie de desherdados na súa propia terra. Os métodos que utilizan para convencer aos paisanos a vender son propios da mafia e os seus abusos están amparados pola lei. Mentres tanto os núcleos históricos das vilas sofren un dramático abandono. É un cargo de conciencia colaborar con todo isto na miña opinión. O meu amigo pídeme que lle dea alternativas. Invertir en arte? En viños? Ofrecerse de socio capitalista? Pensemos...en calquera momento pódenos aparecer unha herdanza inesperada e daquela que facemos cos cartos?

12 comentários:

-pirata-vermelho- disse...

Es verdad
(en castellano, una otra vez, para refuerzo de significación! es que todavia bien podría decirlo en portugués...)

SurOeste disse...

Preferímoste en mirandés, Pirata, ou en portugués. Non te esforces aquí co castelán porque non cho valoramos moito.

-pirata-vermelho- disse...

Eu sei.
Tentava lembrar a responsabilidade 'central' nos processos de que falaste.

SurOeste disse...

Cada movemento da formiguiña ten repercusións a nivel cósmico. É iso?

-pirata-vermelho- disse...

poderá ser um pouco isso, com a ajuda da tua iluminada leitura

torredebabel disse...

moitas veces xogamos a imaxinar iso co meu home. Nós viaxaríamos por España primeiro e logo mercariamos un campo fora de Bos Aires. Faríamos aí unha casiña con piscina e traballariamos un recuncho de terra con arbores frutais e herbas. Unha casiña de fin de semana. Iso faríamos... Non é unha inversión moi intelixente pero si daríanos moito placer.

SurOeste disse...

Buscar o pracer é moi intelixente, Torre.

Pés de naufragha disse...

Moito te botei de menos este mesiño, Suroeste. Eu sinceramente, aínda que poida soar cursi, investiría en tentar facer felices a todas as persoas ás que quero. E se queda algo para min, viaxaría a ese lugar ao que sempre quixen ir. A vida está para aproveitala!

SurOeste disse...

Volviches á illa? Ás veces ía polos restos do naufraxio por se atopaba algún tesouro teu, pero nada,só o silencio.
Volviches e rebrincan as robalizas na ría.

Isabela disse...

Vamos ser concretos: se eu, numa outra vida herdasse 80 mil euros, o que lhes faria?
Não investiria em nada que desse trabalho que obrigasse a escrituras oficiais, porque não tenho talentos para isso, portanto, procuraria um banco ou um sistem de investimento (em caso de acções, só se o risco fosse muito baixo)seguro e deicaria por lá metade do dinheiro, que lentamente cresceria. Quanto ao resto, gastá-lo-ia a viver os sonhos. Isso: um ano iria de férias à Amaérica Latina, outro, a África, à Indía. Visitaria os lugares do mundo que vou morrer sem nunca ter visto: montanhas, lagos, desertos, deltas de rios e as pessoas e animais que neles e deles vivem. Visitaria os museus do mundo onde sempre desejei ir. Havia de me perder por lugares tão selvagens como místicos, dentro ou fora de mim. Havia de comprar mais livros e ouvir mais música e assistir aos espectáculos a que lamento não poder ir. E penso que isto faria de mim um a melhor pessoa para os outros, para ajudar os outros, quem sabe se não com os cartos que rendaram anos após ano.

SurOeste disse...

Isabela para o carro que só son 80.000 euriños!

Anónimo disse...

Very cool design! Useful information. Go on! » » »