Número total de visualizações de página

quinta-feira, agosto 24, 2006

A posmodernidade explicada aos nenos


Xuntámonos unha noite destas catro amigos para cear e vermos unha película. A elexida foi O home que nunca estivo alí dos irmáns Coen. Cando rematou, eu, que era a primeira vez que a vía, comentei que me parecera unha representación esperpéntica da sociedade americana. Comentario bastante inxenuo con respecto ao "un producto típico da arte posmoderna" que outro dos presentes, moito máis no allo da posmodernidade e do cine e de...., deixou pairando no ar. "Por que o dis?", preguntei para non deixar pasar a oportunidade de ilustrarme. Con infinita paciencia miroume e empezou a enumerar cunha voz que ía de máis a menos:
-Pola recreación na estética anticuada
- Polos planos que nos lembran aos dos cómics
- Polo culto á cultura de masas
- Polo antiheroe sen ideal nin perspectiva (morte das metanarrativas)
Por
, por, por, por....
Desencaixáronseme as queixadas do aberta que me quedou a boca. E para demostrarme que o entendera, decidín coa miña pobre tecnoloxía crear unha obra de arte posmoderna.
Nin Lyotard o explicaría mellor!

10 comentários:

-pirata-vermelho- disse...

Mando aplaudir e ficamos arrumados ou preparo uma exposição tua para a rentrée, no ccb?

R.R. disse...

Boísimo.

SurOeste disse...

Ai, daquela "you are realy ready"!
Pirata,mmmm, aquí se me presenta outra oportunidade para aprender: o que é que é o ccb?

-pirata-vermelho- disse...

o ccb -Centro Cultural de Belém- é a moda da pintura, e da música erudita recentemente descoberta como objecto de consumo da gente gira & certa.

SurOeste disse...

Ah, si, si, téñolle oído falar del a unha irmá miña que cruza moito a fronteira. Pirata, calquera día tropezamos no ccb e, por suposto, non nos recoñeceremos. A non ser que me fales en mirandés.

SurOeste disse...

Ah, si, si, téñolle oído falar del a unha irmá miña que cruza moito a fronteira. Pirata, calquera día tropezamos no ccb e, por suposto, non nos recoñeceremos. A non ser que me fales en mirandés.

-pirata-vermelho- disse...

NÃO vou ao ccb -centro comercial de belém-
Sou alérgico a movimentos de massas.
(e tudo por causa das massas!quem diria?!...)

SurOeste disse...

Non che falta razón, pero neses sítios tan escolleitos chégase a formar unha "massa" para ver pinturas abstractas ou escoitar música barroca?
É a mesma cousa o centro comercial e o centro cultural?
Boh, mellor quedamos para comer unha ducia de pasteis de Belem nunha parada de bus.

-pirata-vermelho- disse...

por supuesto!

Pés de naufragha disse...

He, he, he... Suroeste levo unha semana fóra, hoxe é o meu primeiro día de traballo e... atópome con isto. Moi forte!!! Mais non serei eu quen corte a túa musa creadora...