Número total de visualizações de páginas

domingo, abril 26, 2009

E o xardín falou

Os días deste abril foron pasando moi sosegadamente entre paseos, narracións, ensaios e entrevistas. O pensamento e a arte das mulleres florecía para min en cada páxina e en cada palabra coma no meu xardín humilde e selvaxe ía florecendo a primavera. Vizosa regalía rebentando de cor a paisaxe monocromática e o pensamento apagado.

sexta-feira, abril 24, 2009

Continente

Vin, entón, como regresaba a sopeira ó seu escano. Como pechaba o meu pai as portas de vidro. Como a chave foi parar, discreta, á argola do Roskopff, ó peto. Como se convertía en segredo. De prata, dixera o meu pai.
Unha bala de prata que deixa un pequeno rebumbio dentro pero moito máis insignificante có trazo tiraliñas do bisturí ou pinza ao arrincala. Unha bala que cada día doeu e que eu contemplaba ao albiscar, na penumbra do estante, a louza de Macao.
As mulleres serven só para ter dentro cousas incómodas.
Aquelo que dixo a seguir o meu pai coidei que era enxeñoso, elegante para o momento, ata. Necesario.
Sempre.
A súa voz, a da muller, pareceume aínda máis oportuna. O criado noso achegou unha bandexiña con Chartreuse –unha bebida que sempre me caeu mal– e ela foi bebendo. Non repetiu nada, non falou máis, non deu as gracias. Estou seguro que nin soubo que eu estivera observando a operación de garda-la bala na sopeira. A verdade, penso que nin reparou en que eu ollaba, insistentemente o seu feitío de cómo se afunde o ventre aló, tan lonxe, sempre. Estou por asegurarme, porén, que as mulleres son incómodas e coido, tamén, que foi a vez que ollei algún tempo para unha cun cerrto esvaírme perante o que podería vir acontecer. É o meu recordo máis antigo. No piso estaba, aínda fresca, unha pinga de sangre (Ledo, Margarita, TRasalba ou violeta e o militar morto, 1985: 13-14).

quinta-feira, abril 09, 2009

feisbú, feisbú (IV): meme para facer na intimidade


1. Fixeches algúnx amigx novx a través do feisbú?
2. Cantas veces no chat repites eso de "non llo digas a ninguén?
3. Cantas veces ao día traizoas esa mesma promesa?
4. Atopas realmente interasante consultar as fotos dxs amigxs?
5. Serías capaz de anotar cinco razóns obxectivas polas que consideres intersante esta rede social que non teñan que ver coa pura curiosiade, a exhibición e a diversión?
6. Sufríches algúnha decepción ou vícheste implicado en algunha polémica/conflicto a nivel persoal?
7. Que vantaxes concretas a nivel profesional tiras desta ferramenta?
8. A nivel persoal que cres que che ofrece?
9. Liches as condicions de uso cando te deches de alta? Si é así, explícame por que estás disposto a renunciar á túa intimidade.
10. Cres que debería haber unha especie de código deontolóxico que medianamente ordenase un pouco os comportamentos nesta rede?

(Proposta deixada por Ana Bande na caixa de comentarios do post anterior)

quarta-feira, abril 08, 2009

feisbú, feisbú (III)


-Ti simplemente pensa que alguén se dedique a gardar as conversas que mantén contigo e que as vaia soltando descontextualizadas no momento, lugar e co interlocutor inadecuado e isto unha e cen veces ata facer unha bóla de neve con malentendidos e mediasverdades.
-Parece rizar o rizo, pero é perfectamente posíbel.
-Pénsao seriamente.
-O mesmo pasa cos correos electrónicos.
-Non exactamente, aínda que tamén. Aquí o risco multiplícase por si mesmo: a inmediatez e a espontaneidade do medio pódeche xogar unha mala pasada.
-Si, no feisbú somos todos estupendos e estamos desexando demostralo.
-Imaxinas que pasaría se ás conversas se puidese engadir a imaxe dos interlocutores en tempo real?
-Ohhh, pois que perdería todo o encanto.
-Seguro?
-Iso está estudado xa. O feisbú aliméntase con grandes doses de misterio, de xogo de ocultamentos e de revelacións.
-O morbo...
-Nun 95%
-E o resto?
-O 5% que queda é o aproveitábel: a posibilidade de coñecer xente con afeccións e intereses semellantes dos que aprender e cos que manter unha relación agradábel.
-Xusto o que me achega o blog.
-Valórao ti mesma.

feisbú, feisbu (II)


(Vía conexión Suroeste/Ana Bande)
- E...¿cantas veces na mesma conversa repites eso de "non llo digas a ninguén"?
- Boh...eu sei con quen me relaciono.
- E...¿cantas veces na mesma conversa traizoas a unx amigx?
- Eu nunca, seguro, teño claro que hai que ser superdiscretx.
- Xa, pero non todo o mundo xoga o mesmo, podes levar sorpresas desagradables.
- Non creo, vou a cara descuberta, non fago nada que non faría na vida real. Porén recoñezo certa perversidade neste trebello, si...ese continuo surfear sen meter a cabeza.

feisbú, feisbú


-Non me explico como unha persoa seria coma ti...
-Pode estar nun sitio coma este?
-Pois máis ou menos.
-Non son a única, tamén está X e Y, e tamén Z, que, francamente sería a última persoa que soñaría atopar alí e o outro día case enfuciñamos.
-Desde logo é un fenómono digno de estudo: ti, X, Y e Z no lavadoiro horas e horas de rexouba.
-Tes razón! e non sempre feliz e despreocupada rexouba...
-Ides acabar tirándovos dos pelos e quitándovos os ollos.
-Non esaxeremos! é un medio novo que se cadra estamos usando con certa inocencia, pero isto logo se autorregula.
-Con inocencia e inconsciencia, como apareza por aí un "Gran Hermano" un pouco perverso, vaivos poñer a bailar.
-Ti cres?
-Home... o medio préstase.
-Laleche!
-Se cadra xa hai.
-Avemariaporisima!!
-Teste que desenganchar.
-Teño, e volvo ao século XIX? Necesito conexión co mundo exterior.
-Tes o blog.
-E non ben sendo o mesma música?
-Non me compares: un blog é máis serio, é un pulso continuo contigo mesma acerca do que es capaz de pensar, crear, sentir... é unha proposta que ti decides compartir facéndoa pública.
-O blog esíxeme moito, iso é certo. Entro nel con outra mentalidade. É como abrir unha tenda e defender a mercancía.
-Aí estamos: ti tes o control.
-Absolutamente.

sexta-feira, abril 03, 2009

A Mascarada


“Lacan impugna a primacía que se lle deu á ontoloxía dentro da metafísica occidental e insiste na subordinación da pregunta “Que é/ten ser? á pregunta anterior de “como se institúe e distribúe o “ser” a través das prácticas significantes da economía paterna?” A especificación ontolóxica do ser, a negación e as súas relacións considéranse determinadas por unha linguaxe estruturada pola ley paterna e os seus mecanismos de diferenciación. (...)
“Ser” o Falo e “ter” o Falo denotan posicións sexuais diverxentes, ou non posicións (en realidade, posicións imposíbeis) dentro da linguaxe. (...) “Ser” o Falo é ser o obxecto, o Outro dun desexo masculino (heterosexualizado), mais tamén representar ou reflectir ese desexo. Que as mulleres “sexan” o Falo equivale entón a reflectir o poder do Falo, significar ese poder, “encarnar” o Falo, proporcionar o sitio en que este penetra e significar o Falo ao “ser” o seu Outro, a súa ausencia, a súa carencia, a confirmación dialéctica da súa identidade. Ao afirmar que o Outro que carece de Falo é o Falo, Lacan sinala claramente que o poder se exerce por esta posición feminina de “non ter”, que o suxeito masculino que “ten” o Falo require a este Outro para que confirme e, polo tanto, sexa o Falo no seu sentido máis “extenso”.
Pero este “ser” o Falo necesariamente é insatisfactorio na medida en que as mulleres nunca poden reflectir totalmente esa lei; algunhas feministas alegan que isto require a renuncia do desexo propio das mulleres (de feito unha dobre renuncia, que corresponde á “dobre onda” de represión que, segundo Freud, funda a feminidade [Freud consideraba que para lograr a feminidade requeríase unha dobre onda de represión : reprimir a líbido cara á nai e orientala cara ao pai e logo desprazar o desexo polo pai cara a outro obxecto aceptado]), que é a expropiación dese desexo como desexo de non ser máis ca un reflexo, unha garantía da necesidade constante do Falo.
Lacan continúa esta exposición da comedia heterosexual ao explicar que esta “apariencia de ser” o Falo que as mulleres están obrigadas a realizar é inevitabelmente unha mascarada. O termo é significativo porque suxire sentidos contraditorios. Por unha parte, se o “ser” –a especificación ontolóxica do Falo– é unha mascarada, entón parecería reducir todo o ser a unha fronteira da pariencia, o parecer ser, coa consecuencia de que toda a ontoloxía do xénero é redutíbel ao xogo de apariencias. Por outra parte, a mascarada implica que hai un ser ou especificación ontolóxica da femineidade anterior á mascarada, un desexo ou reclamo feminino que está enmascarado e é capaz de ser desveado e que, de feito, pode prometer un transtorno futuro e o desprazamento da economía significante falogocéntrica.
Poden discernirse polo menos dúas tarefas moi diferentes da estrutura ambigua da análise de Lacan. Por un lado, a mascarada pode entenderse como a produción performativa dunha ontoloxía sexual, un parecer que se fai convincente coma se fose un “ser”, polo outro pode interpretarse coma a negación dun desexo feminino que presupón algunha feminidade ontolóxica anterior xeralmente non representada pola economía fálica. Irigaray comenta neste sentido que “a mascarada [...] é o que fan as mulleres [...] co fin de participar no desexo do home, pero a costa de renunciar ao propio”.
Publicado en 1929, o ensaio de Joan Rivière “Womanliness as a Masquerade” introduce a noción de feminidade como mascarada desde o punto de vista dunha teoría da agresión e a resolución de conflitos. Rivère escribe: “Ferenczi sinalou [...] que os homes homosexuais esaxeran a súa heterosexualidade como unha “defensa” contra a súa homosexualidade. Intentarei mostrar que as mulleres que desexan ter masculinidade poden poñer unha máscara de feminidade para apartar a ansiedade e o castigo que temen dos homes”. (...) Rievère explica o temor do castigo como a consecuencia da fantasía da muller de tomar o lugar dos homes ou, máis precisamente, do pai.
Judith Butler, O xénero en disputa (cortapega e tradución miña)

quinta-feira, abril 02, 2009

Oración para nenos ateos


As oracións son estratexias moi útiles para conxurar a dor, o medo, a ansiedade... sobre todo para quen non ten outros recursos.
Para axudarlles a superar aos meus nenos eses momentos en que as emocións prenden con forza, facíamos un xogo que consistía en ir recitando eu as primeiras sílabas do arsenal de remedios que tiñamos para doenzas infantís e eles, entre saloucos, remataban a faena:

Avena.....mit!
Apire.......tal!
Drosi.......nula!
Rino.......mer!

Polo medio da "retahila" ían tomando mansamente os remedios, ían gañando seguridade e sentíanse, efectivamente moi reconfortados.

Xa estás mellor?
siii

Lástima ter a absoluta certeza de que tamén isto é un conto!