Número total de visualizações de páginas
quarta-feira, abril 08, 2009
feisbú, feisbú (III)
-Ti simplemente pensa que alguén se dedique a gardar as conversas que mantén contigo e que as vaia soltando descontextualizadas no momento, lugar e co interlocutor inadecuado e isto unha e cen veces ata facer unha bóla de neve con malentendidos e mediasverdades.
-Parece rizar o rizo, pero é perfectamente posíbel.
-Pénsao seriamente.
-O mesmo pasa cos correos electrónicos.
-Non exactamente, aínda que tamén. Aquí o risco multiplícase por si mesmo: a inmediatez e a espontaneidade do medio pódeche xogar unha mala pasada.
-Si, no feisbú somos todos estupendos e estamos desexando demostralo.
-Imaxinas que pasaría se ás conversas se puidese engadir a imaxe dos interlocutores en tempo real?
-Ohhh, pois que perdería todo o encanto.
-Seguro?
-Iso está estudado xa. O feisbú aliméntase con grandes doses de misterio, de xogo de ocultamentos e de revelacións.
-O morbo...
-Nun 95%
-E o resto?
-O 5% que queda é o aproveitábel: a posibilidade de coñecer xente con afeccións e intereses semellantes dos que aprender e cos que manter unha relación agradábel.
-Xusto o que me achega o blog.
-Valórao ti mesma.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Sería interesante un meme que respostase a cuestión como:
(mañá autorespóstome eu para empezar)
1. Fixeches algúnx amigx novx a través do feisbú?
2.¿Cantas veces no chat repites eso de "non llo digas a ninguén?
3. Cantas veces ao día traizoas esa mesma promesa?
4. ¿atopas realmente interasante consultar as fotos dxs amigxs?
5. ¿serías capaz de anotar cinco razóns obxectivas polas que consideres intersante esta rede social que non teñan que ver coa pura curiosiade, a exhibición e a diversión?
6. ¿sufríches algúnha decepción ou vícheste implicado en algunha polémica/conflicto a nivel persoal?
7. ¿que vantaxes concretas a nivel profesional tiras desta ferramenta?
8. A nivel persoal que cres que che aporta?
9. ¿liches as condicions de uso cando te deches de alta? Si é así, explícame por que estás disposto a renuncias á túa intimidade.
10. ¿cres que debería haber unha especie de código deontolóxico que medianamente ordease un pouco os comportamentos nesta rede?
Enviar um comentário