Número total de visualizações de página

quinta-feira, abril 09, 2009

feisbú, feisbú (IV): meme para facer na intimidade

1. Fixeches algúnx amigx novx a través do feisbú?
2. Cantas veces no chat repites eso de "non llo digas a ninguén?
3. Cantas veces ao día traizoas esa mesma promesa?
4. Atopas realmente interasante consultar as fotos dxs amigxs?
5. Serías capaz de anotar cinco razóns obxectivas polas que consideres intersante esta rede social que non teñan que ver coa pura curiosiade, a exhibición e a diversión?
6. Sufríches algúnha decepción ou vícheste implicado en algunha polémica/conflicto a nivel persoal?
7. Que vantaxes concretas a nivel profesional tiras desta ferramenta?
8. A nivel persoal que cres que che ofrece?
9. Liches as condicions de uso cando te deches de alta? Si é así, explícame por que estás disposto a renunciar á túa intimidade.
10. Cres que debería haber unha especie de código deontolóxico que medianamente ordenase un pouco os comportamentos nesta rede?

(Proposta deixada por Ana Bande na caixa de comentarios do post anterior)

4 comentários:

tío Pepin disse...

Nunca pensei que ías ter peito a colgar a miña foto neste teu blog! Fíate dos amigos!

SurOeste disse...

Que escupilixoso te me pos, home, non é para tanto, total non se che ve "nada".

Ana Bande disse...

1.
Coido que habería que puntualizar que a amizade virtual é un concepto novo. Amigos virtuais cos que divertirte e surfear, pode que si, algún, máis amigos novos no vello sentido da amizade, non, creo que non.
2. Unhas dez veces por cada conversa...si, é un xeito de reclamar desesperadamente unha fidelidade no receptor, unha chiscadela ao propio sistema que se basea precisamente no morbo da multiplicación exponencial das confidencias.
3. Trato de non traizoar aos "amigos" que son excesivamente celosos da súa intimidade. Como na vida real.
4. Non. A menos que sexan fotos que se refiran a temas comúns.
5. Fóra do ámbito da diversión e do ocio é difícil. Hai tantos xeitos de empregar esta ferramenta como perfís psicolóxicos. Vexo no feisbú e outras redes social un medio emerxente co que hai que lidiar para estar ao día do que ven. Tamén me parece interesante como medio de información se estás nunha rede medianamente interesante. Seguro que é un medio revolucionario para o acceso de moitxs a relacions afectivas e sexuais certamente enriquecedoras.
6. Penso que non...pero quen sabe.
7. Vantaxes profesionais no meu caso ningunha, hai unha saturación de ferramentas 2.0 nas bibliotecas. Neste eido profesional o grao de obsolescencia ameaza con facelas totalmente prescindibles.
8. Diversión pura e dura.
9. Non son unha persoa celosa da miña intimidade. Non lle vexo interese algún ao voyeurismo que moitos practican. En xeral somos todos, desgraciadamente bastante similares e aburridos.
10. Non, eso si que non. Os códigos deontolóxicos, coma os mandamentos incitan moito ao pecado.