Número total de visualizações de página

domingo, abril 26, 2009

E o xardín falou

Os días deste abril foron pasando moi sosegadamente entre paseos, narracións, ensaios e entrevistas. O pensamento e a arte das mulleres florecía para min en cada páxina e en cada palabra coma no meu xardín humilde e selvaxe ía florecendo a primavera. Vizosa regalía rebentando de cor a paisaxe monocromática e o pensamento apagado.

1 comentário:

Ana Bande disse...

A natureza é deliciosa e as veces dolorosamente sinceira e reveladora nas súas aparentemente cíclicas revelacións, contén tódalas xeografías e algoritmos que inocentemente nos atribuimos e malia a súa teimuda fachenda seguimos debecendo polo coñecido.