Número total de visualizações de página

sexta-feira, abril 03, 2009

A Mascarada


“Lacan impugna a primacía que se lle deu á ontoloxía dentro da metafísica occidental e insiste na subordinación da pregunta “Que é/ten ser? á pregunta anterior de “como se institúe e distribúe o “ser” a través das prácticas significantes da economía paterna?” A especificación ontolóxica do ser, a negación e as súas relacións considéranse determinadas por unha linguaxe estruturada pola ley paterna e os seus mecanismos de diferenciación. (...)
“Ser” o Falo e “ter” o Falo denotan posicións sexuais diverxentes, ou non posicións (en realidade, posicións imposíbeis) dentro da linguaxe. (...) “Ser” o Falo é ser o obxecto, o Outro dun desexo masculino (heterosexualizado), mais tamén representar ou reflectir ese desexo. Que as mulleres “sexan” o Falo equivale entón a reflectir o poder do Falo, significar ese poder, “encarnar” o Falo, proporcionar o sitio en que este penetra e significar o Falo ao “ser” o seu Outro, a súa ausencia, a súa carencia, a confirmación dialéctica da súa identidade. Ao afirmar que o Outro que carece de Falo é o Falo, Lacan sinala claramente que o poder se exerce por esta posición feminina de “non ter”, que o suxeito masculino que “ten” o Falo require a este Outro para que confirme e, polo tanto, sexa o Falo no seu sentido máis “extenso”.
Pero este “ser” o Falo necesariamente é insatisfactorio na medida en que as mulleres nunca poden reflectir totalmente esa lei; algunhas feministas alegan que isto require a renuncia do desexo propio das mulleres (de feito unha dobre renuncia, que corresponde á “dobre onda” de represión que, segundo Freud, funda a feminidade [Freud consideraba que para lograr a feminidade requeríase unha dobre onda de represión : reprimir a líbido cara á nai e orientala cara ao pai e logo desprazar o desexo polo pai cara a outro obxecto aceptado]), que é a expropiación dese desexo como desexo de non ser máis ca un reflexo, unha garantía da necesidade constante do Falo.
Lacan continúa esta exposición da comedia heterosexual ao explicar que esta “apariencia de ser” o Falo que as mulleres están obrigadas a realizar é inevitabelmente unha mascarada. O termo é significativo porque suxire sentidos contraditorios. Por unha parte, se o “ser” –a especificación ontolóxica do Falo– é unha mascarada, entón parecería reducir todo o ser a unha fronteira da pariencia, o parecer ser, coa consecuencia de que toda a ontoloxía do xénero é redutíbel ao xogo de apariencias. Por outra parte, a mascarada implica que hai un ser ou especificación ontolóxica da femineidade anterior á mascarada, un desexo ou reclamo feminino que está enmascarado e é capaz de ser desveado e que, de feito, pode prometer un transtorno futuro e o desprazamento da economía significante falogocéntrica.
Poden discernirse polo menos dúas tarefas moi diferentes da estrutura ambigua da análise de Lacan. Por un lado, a mascarada pode entenderse como a produción performativa dunha ontoloxía sexual, un parecer que se fai convincente coma se fose un “ser”, polo outro pode interpretarse coma a negación dun desexo feminino que presupón algunha feminidade ontolóxica anterior xeralmente non representada pola economía fálica. Irigaray comenta neste sentido que “a mascarada [...] é o que fan as mulleres [...] co fin de participar no desexo do home, pero a costa de renunciar ao propio”.
Publicado en 1929, o ensaio de Joan Rivière “Womanliness as a Masquerade” introduce a noción de feminidade como mascarada desde o punto de vista dunha teoría da agresión e a resolución de conflitos. Rivère escribe: “Ferenczi sinalou [...] que os homes homosexuais esaxeran a súa heterosexualidade como unha “defensa” contra a súa homosexualidade. Intentarei mostrar que as mulleres que desexan ter masculinidade poden poñer unha máscara de feminidade para apartar a ansiedade e o castigo que temen dos homes”. (...) Rievère explica o temor do castigo como a consecuencia da fantasía da muller de tomar o lugar dos homes ou, máis precisamente, do pai.
Judith Butler, O xénero en disputa (cortapega e tradución miña)

7 comentários:

Ana Bande disse...

O discurso feminista estase achegando perigosamente ao limite do absurdo. E digo esto porque estou completamente alucinada co manifesto contrasexual de Beatriz Preciado que ando debullando. Precisarei unha reflexión moi profunda para concordar coa extrema contradicción de establecer contratos precisamente co obxecto de rachar con eles e tamén para entender como algúen pode recoñecerce como productor de dildos y como transmisor y difusor de dildos, en fin, moi revirado para min. Agardarei as tús conclusións para que me expliques.

SurOeste disse...

Ufff, Ana, eu aínda estou pensando nisto en toda a súa complexidade... pero si, voucho explicar oooo domingo.

Gabriel Pérez disse...

Miña naiciña querida. Se iso está en inglés, o teu é de premio Nobel. Non creo que sexa do discurso feminista en particular, senón que esa fodida manía de escribir para a túa secta, que ás veces nin eles che entenden, e converter os textos en entramados ocultistas, que ocultan por desgracia unha ignorancia do que sucede a pé de rúa. No momento en que as torres de marfil do academicismo comezan a se abrir, agardo que outro galo ou galiña cante. Polo de agora, continúase a perder dentro dunha lea da linguaxe, que nin os sofistas pensaron non seus mellores tempos

Gabriel Pérez disse...

A ver cando tomamos por exemplo o discurso divulgativo científico, feito por eles mesmos. Me se acabó el cabreo momentáneo ;;)))

SurOeste disse...

Non é para tanto: a min levoume un par de días pero entendino.

Para traducir do inglés fáltame a carreiriña dun can.

Gabriel Pérez disse...

Outra cousa que se me esquecía. Respecto da mascarada, todos os estudos sobre performances dende comezos de século, pódenche axudar. A aplicación das ideas do teatro aos comportamentos das persoas na realidade social venche de antiguo

SurOeste disse...

Suxerencias are wellcome, amigo Gabriel, se tes algo concreto, envíame un correo que cho agradezo. Estou pensando precisamente no tema.