Número total de visualizações de página

sexta-feira, janeiro 30, 2009

A campaña anímase




Corina Porro confesa que cando era parlamentaria no Hórreo falaba o galego moi mal, obrigada polo seu cargo. Pobre Corina, é terríbel facer o ridículo. Pero a cousa non queda aí: mentres ela se esforzaba, con escaso éxito e obrigada polas circunstancias, coa lingua galega, Teresa Táboas (sempre segundo a súa versión) falaba castelán e non se puxo a falar galego ata que chegou a conselleira. E aínda por riba fálao ben! Non hai dereito: todos á manifestación con Corina Porro!!!! Monilingüïsmo ao poder!!!

2 comentários:

torredebabel disse...

pobriña, si, pobriña!
Mágoa que non veña de visita a Bos Aires onde o seu apelido ten un moi interesante sentido...
Apertas enormes!

SurOeste disse...

Torre, non nos deixes coa intriga. Aquí porro, ademais dunha saborosa hortaliza é un preparado fumestible de cannabis.