Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, janeiro 07, 2009

Suroestada

Con este frío que fere os pulmóns sei que topabades en falta un non sei que húmido e revoltoso que vén do mar, desfacendo peiteados, humillando paraugas e levantando tellados. E aquí estou, suroeste coas súas suroestadas, volvín despois de levar por diante algunha ilusión e algunha que outra vareada. A vida é así caprichosa, vira o vento cando un menos o espera e hai que ir fiando freba a freba un día despois do outro, e se hai que desfacer desfaise. O importante é quedar satisfeito co que se vai deixando polo camiño.
Ou non era así?

7 comentários:

Gabriel Pérez disse...

Benvida de novo rapazola. A vida din que é un cúmulo de experiencias. Así que unha máis no fardo. Un pouco de betadine, unha tirita e para diante ; )))

SurOeste disse...

Aí falaches!

Anónimo disse...

Aquí estamos. Os dous, tres, catro... centos de sempre. Contigo. Para seguila malia o frío que vai fóra. Abrigo, copa, boa música e a ollar o ceo. Esta noite está infinito.

R.R. disse...

É!

Ademáis eu xa oín falar de proxectos fermosos...

Ana Bande disse...

Iuuuuuu....pare, pare, a modo...iuuuuuuu...non a esperaba hoxe e non traio roupa de abrigo....ahhhh....que ven, xa era tempo de refrescar este pendello. Mire que llo coidamos ben ¿non si?...e que tamén muller, deixar así todo aberto cos tempos que corren...bueeeeeno, unha apertiña e xa virei traerlle un pouco perexil para a leira. ¡¡¡mmmmmmuacccc!!!!

FraVernero disse...

Vaia! Canto me aledo do retorno do vento favorito da blogosfera! Tíñasnos de todo punto abandonados, eh? Xa sei que con traballos e responsabilidades, mais a perda sempre se sinte, egoísticamente.

A ver se mañán che mando un correo privado e parolamos un chisco, alén das notas sinfónicas e breves dos comentarios na blogosfera. Polo demais, ben-volta (e que sexa por moitos anos).

torredebabel disse...

é asi, tes toda a razón. Apertísimas!