Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, janeiro 02, 2008

Un paso adiante



A min estas festas repatéanme. Tanto tilín-tilín de aquí e de acolá exaspérame. Tantos bos desexos repentinos descolócanme. E veña con cumprir con isto e con aquilo e ter conta non lles vaia parecer mal. Aínda así fágoo, moderadamente, pero fágoo, sabendo que malia todo vou quedar curta.
Dito isto, non vou negar que hai neste ritual de finalizar un ano e comezar outro unha certa barreira psicolóxica para min que me leva a facer novos votos para o ano novo. Pode ter que ver coa sensación de baleiro espiritual que me deixa a vida de porquiño consumista e preguiceiro dos derradeiros días do ano. Por iso agora doulle voltas ao un novo programa de rexeneración que me poñerá no camiño das lecturas proteicas, das dixestivas reflexións, da planificación férrea do traballo e do establecemento duns obxectivos temporalmente fixados. Case nada. Digamos todos xuntos: Eu podo!!!

1 comentário:

hormiga disse...

O da fin de ano a mín plin, hai moito que o superei. Supoño que o mellor é non oporse a marea humana, e seguir indo ó teu. De todolos xeitos segue a fascinarme sair á rua un fin de ano e ver a máis xente disfrazada que no antroido. Un alucine!