Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, janeiro 25, 2008

Novas do manuscrito



Malia todas as argucias dos "R" eu e mais Iseo non arreamos o manuscrito: témolo aquí, con nós, nunha cámara secreta de non vou dicir onde. Mais quero aclarar algunhas cousas: o manuscrito non é o orixinal, senón unha fotocopia; non está encadernado, senón en follas soltas apañadas de mala maneira nun papel de Fotocopias Tórculo. Esta inexcusábel falta de coidado do anónimo mártir que me entregou o legado provocou que na precipitada fuxida caera o feixe e se esparexese pola Av. de Alfonso Molina, obrigándonos a facer un cambio de sentido ilícito para tratar de recuperalas todas (??).
En definitiva, a min paréceme que están case todas, o que non dou palabra é que estean ordenadas ou, alomenos, que estean na orde en que mas entregaron. Enfín, doutores hai na Nosa Terra expertos en crítica textual que poidan dar luz a este barullo, recolocando e, no seu caso, reconstruíndo, o tocho de fotocopias, mentres non aparece o orixinal. Teñamos fe, irmáns, a hora das revelacións está próxima.

2 comentários:

Anónimo disse...

Soy el professor Church de la University of Port (Ohio). Llevo un tiempo siguiendo con interés la aparición de este manuscrito de usted. Como soy experto en codicología, y ecdótica, podría ayudar a usted en la ordenación de los hojas. Mis colegas del departamento expertos en teoría literaria también están moy interesados en el texto. Puedo estar en el país de usted en 72h. Dígame el telefone y dirección de usted para poder llegar a casa de usted.

Greetings from

Professor Alexis Church
Departament of Almost Dead Languages and Literatures
South Campus
The Tower
Room 34


343WXIBXK Port
OHIO

SurOeste disse...

Profesor Church, déixeme antes desenghedellar antes un pouco isto que estou que non me remexo... xa non atopo nin o título.