Número total de visualizações de páginas
quarta-feira, setembro 02, 2009
Fin de festa
Rematan as vacacións para a maioría da xente; eu non teño claro se para min tamén. Poñamos que si, que remataron, que teño que organizar unha rutina axeitada para traballar moito nos próximos meses e que estou en proceso de adaptación a marchas forzadas. Poñamos que non só teño unha ducia de polos acaponábeis, senón dous máis de regalo e que para decembro xa terei que empezar a vendelos na feira das vaidades. Poñamos que cada capón dos da ducia consigo vendelos a un prezo razoábel e que aínda me queden os dous de regalo para o conxelador doméstico. Ai que felicidade, xa podo durmir tranquila!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Aleitados vexo eu eses capóns...
Vostede que colleu, a oferta de dúas ducias?
Eh! Resérveme un para mín!!
Sí, val, pero, o final, ¿De cantas patas estamos a falar?
Jajajajaajaaaaaaaaaaa, a ver: un polo son 2 patas; 12 polos son 24 patas+ dous polos de regalo...4 patas, en total: 28 patas.
No caso de optar pola oferta de dúas dúcias serían 48 patas + 10 (dos 5 polos de regalo), en total 58 patas.
Non me equivocaría, ou?
Enviar um comentário