Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, agosto 31, 2009

Embodiment



Seique non, que non é a alma a que está encerrada no cárcere do corpo, que é xusto ao revés: o corpo está encarcerado pola alma que lle impón límites, doméao, moldéao, codifícao, disciplínao, con durísimos castigos se é necesario.
E este corpo que eu vexo –reflectido no espello, recollido polo obxectivo da cámara e pegado na pantalla mentres escribo un texto– debe ser o meu corpo, o punto de partida de min mesma, o produto da bioloxía, dos meus sucesivos procesos de socialización –lazadas incluídas– e mesmo da problemática designación lingüística-simbólica de que é obxecto. Este corpo, finalmente de muller, que son eu.

2 comentários:

Fermín disse...

Falso. Vostede está tamén aquí, quer dicir, en ningures.

SurOeste disse...

Non pode ser! volveu escapar o moi...