Número total de visualizações de página

terça-feira, agosto 18, 2009

Determinismo étnico


Hoxe nas estanterías dos iogures abordoume unha muller duns 30 anos vestida cunha camiseta de tiras, que deixaba ver unha tatuaxe nun brazo, e un pantalón curto. Era morena, máis ou menos coma min, co pelo recollido nunha coleta e un aire de determinación que me chamou a atención.

–Oye, estos yogures son azucarados?
–Non, os azucrados son estoutros.
–Y valen lo mismo?
–Si.

Colleu o paquete dos iogures azucrados e seguiu tranquilamente facendo a compra.

Non sabía ler.

9 comentários:

Fermín disse...

Cada quen liga como pode.

XDC disse...

Teño un amigo que imparte clases de música. De guitarra, concretamente. O outro día chegóu á sua academia unha rapaza, que resultóu ser asistenta social, acompañando a un home de uns trinta e pico anos, de etnia gitana, para anotalo ás clases. Contóulle que o home era analfabeto, e xa non quería aprender a ler nin escribir.E preguntóu si sería posible ensinarlle...
Ese mestre estalle ensinado as posturas dos acordes usando pegatinas de cores pegadas aos trastes...Xa se fixo amigo del. O alumno contoulle que os seus pais non o mandaban a escola para que fora vender droga...

SurOeste disse...

Impresiona comprobar a tremenda fenda das diferencias sociais e como se localiza atendendo a certas características commo a etnia... non saber ler aquí e agora!

XDC disse...

Un amigo meu "ligóu" unha noite, en Madrid, a unha rapaza, fai algús anos. Durante a conversa, ela preguntóulle o seu nome. Él respondéu. Ela dixo que non creía que se chamara así, que a estaba enganando. El botóu man do carné de identidade, e déullo, para que o comprobara. A cara da rapaza ensombrecéuse. Non sabía ler...

SurOeste disse...

Tema tabú, desde logo: xa non hai campañas de alfabetización coma nos anos 60, agora chámanse doutra maneira, Educación para Adultos.

xdc disse...

Imaxino que si pensamos en termos de "lectura comprensiva" hai moitos máis "analfabetos" do que pensamos.

SurOeste disse...

Nese caso trataríase de multiplicar, maáis que de sumar.

legnaresa disse...

Tiven nunha ocasión a fortuna de darlle clases de "aprender a leer e escribir" a unha nai e unha filla que tiñan por obxectivo sacar o carnet de conducir. Levaban anos conducindo as furgallas da roupa e de algún que outro cachivache.Non as coñecía de nada e a confianza entre nos chegou moi lentamente. A filla, sen escolarizar, tiña un ritmo de aprendizaxe rápido pero a conciencia e as gañas de avanzar eran da nai. Funnas levando máis ou menos a par para que non se enrrugaran. Chegou un intre en que estaba perdendo as dúas. Unha por defecto (a nai tiña pouco tempo para facer os meus "deberes" logo de tanta cousa que facer dentro e fora da casa) e outra por exceso (sobrada e confiada ante a "torpeza" da súa nai deixaba tamén de facélos). Decidín pois dar o gran salto o vacío, abandonar as letras imantadas e ante a atenta e descreída mirada do compañeiro e pai, reteinas a coller lápis e papel e por o seu nome completo na folla. Tardaron bastante em superar o medo ó fracaso e moito máis en concluir o reto.
Cando solemnemente lles dixen que estaba moi ben, que xa sabían, as bagoas das dúas e as apertas non cabían na habitación. O resto foi máis doado e o final xa casi daba igual.

SurOeste disse...

Aínda lembro o difícil que era facer as letras dereitas e poñelas todas sen confundilas...