Que carácter ten Susan! Cando lle expliquei a fuxida de Suroeste con Iseo (a súa íntima consiliis eorum) chamoume, ad pedem litterae, "stulte" "equus asinus" e mandoume ó Castel Sant'Angelo ad memoriam rei perpetuam. Entende que o tema do manuscrito é un casus belli e así o proclamará o domingo coram populo. Vai nomear un legatus in partibus infidelium para levar este asunto. Indocti discant et ament meminissi periti: seguirá a caza destas novas "Thelma et Ludovica". Quo usque tandem abutere, Suroeste, patienta nostra? Quam diu etiam furor iste tuus nos eludet? Non, non, Suroeste, non teñas esperanzas: velis nolis, Roma locuta, causa finita. Prepárese: cando poida saír deste mausoleo, viran as acta, non verba. A súa política de "ad captadum vulgus" non triunfará e non teño animus iocandi. Lembre que delictum iteratum gravius est.
Vae Victis!
R.
Número total de visualizações de páginas
terça-feira, janeiro 22, 2008
Ameazas visguentas de "R"(misiva desde o Castel SantAngelo)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Estouvos aviada. Alguén entende o latín da curia?
Eu só entendo este; assim misturado com o galeguinho, marcha.
Sigo no mausoleo de Hadrián afundido na depresión. A terrible tentación do relativismo, ou mesmo do baleiro, moral acompáñame decote porque sen fe non hai esperanza. Perdín a fe despois de saber que o meu sobriño (a partir de agora SR) aceptou substituírme na miña cruzada na afastada Galiza. Eu que o coidei coma se fose un naipelo dende que comezou a súa carreira. Mesmo tiven que conseguir que a Festa do Cocido se celebrase na Praza de San Pedro para que lle desen un carguiño en Lugo! E agora isto. Xa o dicía miña avoa "cria episcopus e comeranche os sangumiños". Leo a Boecio pero a filosofía non me consola. Xa son unha pantasma do século XX. A miña animula, vagula, blandula esváese sicut nubes, cuasi aves, velut umbras.
Cuasi R.
Enviar um comentário