Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, agosto 31, 2006

Arxentina

Eu nunca estiven na Arxentina. Os meus pais tampouco. Nin os meus avós. O meu bisavó Andrés, si. Anos de fogoneiro nun barco de vapor no Río da Plata. Eu non o coñecín, morreu nos anos 50, pero é coma se o coñecera, coma se as historias que lle contaba á miña nai de nena mas contara a min. Andrés, pequeno e miúdo, longos bigotes roxos e ollos azuis, coma a miña avoa que lle herdou tantas cousas.
El sempre quixo ir para a Arxentina, a terra da abundancia, do trigo, da carne. "É unha terra tan boa que dá tres colleitas ao ano". Tiña un curmán no Chaco, moi ben situado, cada vez que o ía visitar mataba un carneiro. Animábao moito para que se establecera alí: "Vente, Andrés, vente, ben ves que esto é rico, aquí progresas sen dificultades". Pero Josefa non se lle quixo mover da súa terra e ningún dos seus fabulosos relatos a fixo cambiar de opinión. A súa imaxinación debía ter límites, mais a da miña nai nena non. "No Chaco, cando hai tronada, parece que se xunta o ceo coa terra", seique contaba, e ela víao perfectamente. A min contoumo a miña nai e eu créollo.
O meu bisavó trouxo unhas poucas marabillas da Arxentina: unha pitilleira de corno cunha ave do paraíso en relevo, que se gardaba nun caixón do chineiro; un lindo vestidiño de encaixe para a miña avoa pequeniña, xa moi amarelento, na hucha; e, sobre todo, dúas estampas que fixo enmarcar para colgar nas paredes da sala de arriba e que se paraba a mirar embelesado todas as noites antes de se deitar.

4 comentários:

torredebabel disse...

moito tempo pasou daquela, pero se ves algunha vez á Arxentina poderás ver que o teu bisavó Andrés tiña razón: en Chaco e en moitos outros lugares deste rico e enorme pais "cando hai tronada, parece que se xunta o ceo coa terra". E moitas outras marabillas, propias dunha terra máxica coma esta! Xa estás convidada!

SurOeste disse...

Hei de ir, hei de ir, non sei cando, pero...
Pirata, aínda teño outra estampa que me escapou misteriosamente do post.

Lúa disse...

Que bonito, encasntariame ir a esa terra, mais a miña familia marchou pra Venezuela e non sei como farei pra ires os dous sitios!!!jijijiji Saúde e forza!!

Anónimo disse...

Вот еще немного ссылок на тему, 217 диет для похудения

как можно похудеть - http://bendureow2.narod.ru
как похудеть за неделю - http://lejman7gnv.narod.ru
похудела до и после - http://exthas.t35.com
способы похудеть легко - http://stinchfieldw4d.narod.ru
похудеть 10 кг за неделю - http://ronanguy.t35.com
как похудеть в домашних условиях - http://maconemmanuel.t35.com
как похудела инна - http://mohergnv3.narod.ru
кaк похудeть - http://merriganekt1.narod.ru
как быстр похудеть - http://angel4dlt.narod.ru
похудеем кг - http://asherchadwick.t35.com