Número total de visualizações de página

segunda-feira, setembro 04, 2006

Atando cabos






Esta é a outra estampa que (con sorpresa) publicitaba o Café Saint-Martin de Buenos Aires e que acabou atravesando o Atlántico no baúl de Andrés do Manco. Para min esta imaxe ten unha profundidade simbólica tremenda: o lobo, xa vedes que aquí nada feroz, a nena, a cestiña pudorosamente tapada, os careixós, a fraga... O mundo que me rodeaba era máxico e resúmese nesta escena que aínda me atrapa.

11 comentários:

Pés de naufragha disse...

E ti, vento do Sur e do Oeste, segues sendo máxica aínda adulta...

torredebabel disse...

claro, xa o dixo a naufragha: a maxia que mamamos de nenos é a que nos permite sobrevivir nun mundo -ás veces- tan pouco máxico. E ti, coa tua, axudanos a todos!

-pirata-vermelho- disse...

sensibilidades denotadas em símbolo de noroeste variábel.

é bonita.

SurOeste disse...

Conotación variábel, Pirata.

SurOeste disse...

(Connotación)

Iseo la Blonde disse...

A maxia existe, con certeza. Que mo digan a min, que bebín aquela apócema...
E, certamente, existen persoas máxicas como a Suroeste.
Existen persoas máxicas que se deixan beber. Que mo digan a min, que algo sei diso,...aos meus anos.

-pirata-vermelho- disse...

Também... oh muller do norte

-pirata-vermelho- disse...

tamén!

eue disse...

Carmen Marín Gaite sempre falaba do engado e a maxia da fraga. Con oitentepico, no auditorio da Caixa Galicia, era unha nena que non se perdía, que se aventuraba

SurOeste disse...

Non sería a avoa das Ferocidades domésticas?

Pés de naufragha disse...

Magnífica Carmen! Nunca deixou de crer nas fadas!