Pensastes algunha vez que o mellor do mundo é gratis? Ver unha posta de sol, darse un chapuzón, unha conversa agradábel, parir un fillo, botar un canivete...Gratis! E onde non...sempre nos quedan os xenéricos.
Tes ancestros en Tras-os-Montes, Pirata? Os meus ancestros non parece que se moveran moito nos últimos 3 séculos, polo menos. O texto é moi bonito. Terra a nosa!!
Pirata,en Liboa nacerías, non che digo que non, pero eu penso que debes ter ascendencia, mais ou menos afastada, por aquelas feraces serras, porque che tiran que é moito tirar. E logo non me queres facer mirandesa tamén a min? Eu son mariñá da cabeza aos pés, non lle teño que facer.
Mariñán-mariñá: da beira do mar. Na miña terra utilízase moito opoñéndose a montañés-montañesa. Todos sabemos aquel dito: "a que empreñe de montañés ha de traer boa cría..." Claro que tamén me poderiades retrucar cun non menos coñecido nas comarcas do interior: "a que empreñe de mariñao ha de traer boa cría". Enfín, o de sempre, a min xa mo advertiu a miña avoa, que dicía todos os refráns ao revés aínda que este saiulle do dereito, "quen lonxe vai casar, chatas vai buscar". Unha postura moi conservadora e desconfiada, é certo, pero que non deixa de ser unha advertencia para ter en consideración. E agora que o penso, eu sempre fun buscar ben lonxe os mozos, facendo caso omiso a toda esta sabiduría ancestral. Polo tanto, Pirata, ti pénsao, se aínda estás a tempo, porque de ires moito á montaña a buscar as mozas pode acabar coméndote un lobo
Parir um filho é grátis aí na Galiza? Bem, fico muito contente. Aqui é grátis se escondermos a gravidez, munca formos ao médico e parirmos em casa, no sossego das paredes. De resto, é caro. E parir deve ser a melhor coisa só depois de se ter parido! Só depois. Ou então para aquelas parideiras de marca, que quando descobrem que está na hora, já pariram!
POis conténtate que é gratis, mesmo as clases de preparación ao parto, análises e 2 ecografías (ou 1?). Ti cando vexas que tal veste para aquí,pares coma unha raíña GRATIS e logo o chocolate e os caldiños de galiña xa chos preparo eu.
13 comentários:
Fixeches ben, Iseo, Tristán seguro que era un pai irresponsable e o tío Marc, aos seus anos, xa se sabe...
Tes ancestros en Tras-os-Montes, Pirata?
Os meus ancestros non parece que se moveran moito nos últimos 3 séculos, polo menos.
O texto é moi bonito.
Terra a nosa!!
Penseino si, moitas veces e manteño ese pensamento no tempo. Procuro non perdelo e durmir con el.
Unha aperta.
:)
un bico, o fillo, os amigos, a familia, os sorrisos da xente querida... todo gratis! E este blog, claro!
É verdade, facemos e lemos blogs gratis et amore.
Sorrisos para todos e tomádelle outra que invita a casa.
Pirata,en Liboa nacerías, non che digo que non, pero eu penso que debes ter ascendencia, mais ou menos afastada, por aquelas feraces serras, porque che tiran que é moito tirar. E logo non me queres facer mirandesa tamén a min? Eu son mariñá da cabeza aos pés, non lle teño que facer.
Mariñán-mariñá: da beira do mar. Na miña terra utilízase moito opoñéndose a montañés-montañesa. Todos sabemos aquel dito: "a que empreñe de montañés ha de traer boa cría..." Claro que tamén me poderiades retrucar cun non menos coñecido nas comarcas do interior: "a que empreñe de mariñao ha de traer boa cría". Enfín, o de sempre, a min xa mo advertiu a miña avoa, que dicía todos os refráns ao revés aínda que este saiulle do dereito, "quen lonxe vai casar, chatas vai buscar". Unha postura moi conservadora e desconfiada, é certo, pero que non deixa de ser unha advertencia para ter en consideración.
E agora que o penso, eu sempre fun buscar ben lonxe os mozos, facendo caso omiso a toda esta sabiduría ancestral.
Polo tanto, Pirata, ti pénsao, se aínda estás a tempo, porque de ires moito á montaña a buscar as mozas pode acabar coméndote un lobo
É ben certo que a pulsión amorosa anula calquera outro tipo de consideración, por moi práctica que sexa, mesmo que te coman os lobos!!!
Parir um filho é grátis aí na Galiza?
Bem, fico muito contente. Aqui é grátis se escondermos a gravidez, munca formos ao médico e parirmos em casa, no sossego das paredes. De resto, é caro.
E parir deve ser a melhor coisa só depois de se ter parido! Só depois. Ou então para aquelas parideiras de marca, que quando descobrem que está na hora, já pariram!
POis conténtate que é gratis, mesmo as clases de preparación ao parto, análises e 2 ecografías (ou 1?). Ti cando vexas que tal veste para aquí,pares coma unha raíña GRATIS e logo o chocolate e os caldiños de galiña xa chos preparo eu.
Tenho lido os teus comentários no Blog «O Mundo Perfeito».
E acho os teus comentários de uma ironia e de um sarcasmo impossíveis de imitar.
Eu tb gostava de ser assim. Bem me esforço por isso.
Mas fico rendido ... perante a tua clari_evidência.
Parabéns!!!
PS: Vou adicionar-te no meu Blog
Agradecida,Trolha. Eu tamén andei cheirando un pouco na túa morada virtual e...gostei mesmo!
Enviar um comentário