Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, setembro 25, 2006

O mellor do mundo


Pensastes algunha vez que o mellor do mundo é gratis? Ver unha posta de sol, darse un chapuzón, unha conversa agradábel, parir un fillo, botar un canivete...Gratis! E onde non...sempre nos quedan os xenéricos.

13 comentários:

SurOeste disse...

Fixeches ben, Iseo, Tristán seguro que era un pai irresponsable e o tío Marc, aos seus anos, xa se sabe...

SurOeste disse...

Tes ancestros en Tras-os-Montes, Pirata?
Os meus ancestros non parece que se moveran moito nos últimos 3 séculos, polo menos.
O texto é moi bonito.
Terra a nosa!!

Marinha de Allegue disse...

Penseino si, moitas veces e manteño ese pensamento no tempo. Procuro non perdelo e durmir con el.

Unha aperta.
:)

torredebabel disse...

un bico, o fillo, os amigos, a familia, os sorrisos da xente querida... todo gratis! E este blog, claro!

SurOeste disse...

É verdade, facemos e lemos blogs gratis et amore.
Sorrisos para todos e tomádelle outra que invita a casa.

SurOeste disse...

Pirata,en Liboa nacerías, non che digo que non, pero eu penso que debes ter ascendencia, mais ou menos afastada, por aquelas feraces serras, porque che tiran que é moito tirar. E logo non me queres facer mirandesa tamén a min? Eu son mariñá da cabeza aos pés, non lle teño que facer.

SurOeste disse...

Mariñán-mariñá: da beira do mar. Na miña terra utilízase moito opoñéndose a montañés-montañesa. Todos sabemos aquel dito: "a que empreñe de montañés ha de traer boa cría..." Claro que tamén me poderiades retrucar cun non menos coñecido nas comarcas do interior: "a que empreñe de mariñao ha de traer boa cría". Enfín, o de sempre, a min xa mo advertiu a miña avoa, que dicía todos os refráns ao revés aínda que este saiulle do dereito, "quen lonxe vai casar, chatas vai buscar". Unha postura moi conservadora e desconfiada, é certo, pero que non deixa de ser unha advertencia para ter en consideración.
E agora que o penso, eu sempre fun buscar ben lonxe os mozos, facendo caso omiso a toda esta sabiduría ancestral.
Polo tanto, Pirata, ti pénsao, se aínda estás a tempo, porque de ires moito á montaña a buscar as mozas pode acabar coméndote un lobo

SurOeste disse...

É ben certo que a pulsión amorosa anula calquera outro tipo de consideración, por moi práctica que sexa, mesmo que te coman os lobos!!!

Isabela Figueiredo disse...

Parir um filho é grátis aí na Galiza?
Bem, fico muito contente. Aqui é grátis se escondermos a gravidez, munca formos ao médico e parirmos em casa, no sossego das paredes. De resto, é caro.
E parir deve ser a melhor coisa só depois de se ter parido! Só depois. Ou então para aquelas parideiras de marca, que quando descobrem que está na hora, já pariram!

SurOeste disse...

POis conténtate que é gratis, mesmo as clases de preparación ao parto, análises e 2 ecografías (ou 1?). Ti cando vexas que tal veste para aquí,pares coma unha raíña GRATIS e logo o chocolate e os caldiños de galiña xa chos preparo eu.

Trolha disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Trolha disse...

Tenho lido os teus comentários no Blog «O Mundo Perfeito».

E acho os teus comentários de uma ironia e de um sarcasmo impossíveis de imitar.

Eu tb gostava de ser assim. Bem me esforço por isso.

Mas fico rendido ... perante a tua clari_evidência.

Parabéns!!!

PS: Vou adicionar-te no meu Blog

SurOeste disse...

Agradecida,Trolha. Eu tamén andei cheirando un pouco na túa morada virtual e...gostei mesmo!