Número total de visualizações de página

quarta-feira, outubro 04, 2006

O mal do século

Telepredicadores, sanadores, astrólogos, sacerdotes do fitness...Ai que desgraciados somos! O estado do benestar non fai máis que poñer en evidencia a soedade ontolóxica que nos esgana. Teño un amigo que leva máis dun lustro dunha noutra: constelacións familiares, hiperventilación, chamanismo (new-chamanismo, digamos), música tecno, regresións, eu que sei! pero a angustia que o atrapou non fai máis que medrar. Necesita destes personaxes (non sei como chamalos, "vendedores de benestar" paréceme bastante axeitado) para tomar calquera decisión. Seique todo está escrito nas nosas mans, todo decidido non momento de nacer, porque arrastramos os erros e sufrimentos dos nosos antepasados e deixamos a pesada herdanza, cada vez máis insoportable, a medida que se van acumulando frustracións e dor, aos que han de vir. E esta especie de enerxía negativa transmitímola non só bioloxicamente senón a aqueles cos que temos un trato cercano. Sentir toda esta negatividade debe ser terrible, unha especie de pecado orixinal sen a posibilidade redentora da graza cristiá, nin a segunda oportunidade da reencarnación budista, nin...E daquela que? Aquí cada iluminado ten a súa propia receita, misteriosas menciñas para a alma que só eles (culto á personalidade) administran e fan de quen os escoite cegos adeptos.
Moito coidado cos feirantes.

4 comentários:

Moralla disse...

Artigo alucinante!rotundo!radiografía do ser humano! tes boa psicoloxía con esta especie nosa produto do "globalizado globo" terráqueo. Unha aperta e graza polo teu comentario. Yoli :-)

torredebabel disse...

A angustia (non tanta para ir na procura dos "venderores de benestar") ven co home e haina que saber levar coma as arrugas ou a calvicie. Sempre hai quen non o soporta e prefire unha ciruxia ou un peluquín sen decatarse que non son mais que a confirmación desas arrugas, desa calvicie ou desa angustia.

SurOeste disse...

O outro día, ao pouco de escribir o post, coma se este fose unha especie de premonición, puiden falar co meu amigo. "Ti non sabes o que é estar baleiro, non ter nada dentro, e mellor que non o saibas nunca". "Será como non saber quen es e,polo tanto, non existir?" pregunteille. "Algo así. É terrible".
Agora busca desesperadamente un destes sanadores que lle axuden a configurarse como persoa.
É isto posíbel? Pódese ser máis vulnerábel?

Marinha de Allegue disse...

Gustoume como contáchelo caso, claro que se pode ser máis vulnerable diso encárgase o sistema. É por iso que debemos confiar nas nosas posibilidades e facerlles medrar e non depositar a enerxía neses "sanadores-feirantes" (como ti ben dis). Pode resultar unha cusilada dito así pero o poder está en nos.

Unha aperta grande.
:)