Número total de visualizações de página

domingo, outubro 15, 2006

Humilde patrimonio popular


Unha casa así non debería baleirarse nunca de vida: xente, animais, trafegar das colleitas. Nunca debería permitirse que se lle esfondara o tellado, lle apodreceran as madeiras e as ventás fosen só bocas abertas berrando. Casas que levan séculos nesa mesma posición, referentes familiares e colectivos de repente son descoidadas, abandonadas, esquecidas, unha morea de pedras comidas polas silvas. Belas estruturas feitas firmes durante séculos por canteiros e carpinteiros habelenciosos coa técnica de noso, inxeniadas por nós mesmos para resolver os problenmas do espazo e do clima: solucións asombrosamente prácticas. Escola de arquitectos despistados que fan edificios onde chove ou onde te derretes co sol.
Se tedes unha casa así, mirade por ela. Ten un valor incalculábel.

15 comentários:

Pés de naufragha disse...

Sempre os antergos, mais enxenhosos ca nos... ante eles fago unha reverencia(sinto a ortografia, e que os teclados de aqui, xa sabes...)

SurOeste disse...

Ouh yeah!

-pirata-vermelho- disse...

...pois têm mas é preciso estudar muiiiiito para o saber. Há outras coisas 'assim' (umas mais distantes, outras mais como dantes).

v/http://mwanapwo.blogspot.com/

SurOeste disse...

Pirata, eu e penso que podo falar en nome de todos os que paran por aquí, estámosche moi agradecidos polas ligazóns que nos propós. Encántanme.

torredebabel disse...

e se tes unha historia que viviu nunha destas casas, tamén mira por ela que ten o mesmo valor incalculábel!!

Moralla disse...

Deixáme primeiro agradecerche que suxeriras o meu blog, e segundo darche os parabéns por defender este tipo de patrimonio rural. De feito, este tipo de casa de pedra antigas está a desaparecer, é unha auténtica mágoa! porque son dunha calidade extrema. Elas si que resisten a un temporal! non as que se constrúen hoxe en día por tres duros e se vendes por millóns para se forren uns cuantos vividores! un patrimonio como o desta magnífica claro que hai que mantelo!. Unha aperta rural, moi verde e montuna. Y

Iseo la Blonde disse...

Partindo da suxestión de Torredebabel permitiríame aínda facer unha lectura metafórica deste abandono e ruína. Unha lectura que nos faga estar alerta para retellar as nosas construcións afectivas -as propias e as compartidas- cando son abaladas por algún temporal ocasional ou, paradoxalmente, polo paso do tempo silencioso. Para impedir que unha pingueira apodreza a trabe mestra e todo se esboroe.

SurOeste disse...

Señora Blonde, estáseme poñendo vostede metafórica e poliédrica, anímoa a seguir coa idea e terá vostede unha voluminosa novela: a gran novela que os popes da patria aínda agardan, se cadra...

Iseo la Blonde disse...

Eu nunca escribirei unha voluminosa novela porque son máis ben parca en palabras.
Por outra banda coido que o ser humano é poliédrico de seu,tanto na sincronía como na diacronía vital.
E volvendo á casa, á Torre e á metáfora: cantas desas ruínas que hoxe nos magoan a vista e o espírito non serán consecuencia da ruína previa das construcións afectivas e sociais dos seres que as habitaban?

SurOeste disse...

Estimada Blonde, vostede ten o poder de me desacougar.

Trolha disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Trolha disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Trolha disse...

Suroeste, estou mais q de acordo contigo quando dizes q os arquitectos modernos fazem casas (q até poderão ser vistosas) mas são tudo menos acolhedoras.
Afinal aquilo q deveria ser o objectivo primordial - o aconchego do lar - acaba por ser subalternizado e sacrificado à conta de outros valores.
Q valores?
Arquitectos do mundo inteiro: ODEIO-VOS!!!!!!!!!!!

Iseo la Blonde disse...

Lonxe da miña intención o desacougarte, Suroestiña.
Mais penso neses centos de persoas que abandonaron o patrimonio herdado dos seus devanceiros e se foron meter entre as catro paredes dun piso nunha vila ou cidade a vinte ou trinta quilómetros do seu lugar de orixe.
Sentirían na alma o ter que deixalo todo, mais non tiñan (ou non vían) outra solución? Que triste!
Ou é que non querían seguir vendo bestas a trotar polos campeiros? Que triste!
Enfin, vouno deixar porque eu mesma me estou desacougando.

candorca disse...

Unha casa é unha casa (boa descrición verdade!): formas xeométricas que amparan e asegredan as virtudes e as máis íntimas miserias do ser humano. Outras veces, simplemente regardan da chuvia (pero nunca das pingueiras).

O único de valor da casa da foto son as historias de amor-odio, as experiencias dos seres (non só humanos) que a habitaron, os veciños (?), os irmáns, os pais, os animais. A veneración dos utensilios e das figuras (relixiosas?), formas varias hoxe, de seguro, estranguladas polo tempo.

Un post anterior teu "o mal do século" describe moi ben a causa do abandono desa casa: "a carreteira" de Otero, a Cidade xardín, a Singer ou a computadora. No fondo, a proxección de ilusións nun idílico estado de benestar que ten como imprudente resultado a caída dos tellados das casas, a uralita, o ladrillo, a pedraporriño. Hoxe por hoxe, esa casa é forma sen contido, un espazo agradable para un chute de vanidade ou para coller laghartos.

Iso si, concordo contigo no fundamental: como esa casa está abandonada? como hai unha casa abandonada e xente tentando manter a dignidade entre cartóns e humidade? Ironías da vida. Quizais haxa que rachar o Benestar das Cabesas para poder rehabilitalas.