Número total de visualizações de página

sexta-feira, outubro 27, 2006

Viaxes


Non, non, eu estou aquí, desta vez non me fun. Os días corren rapidamente, non nunha roda, senón nunha espiral na que case non nos movemos do sitio, pero movémonos. Lentamente os nosos ollos vanse volvendo vellos, "ai, si isto xa o vira eu, isto déjà vu" e pousamos unha mirada de benevolencia superior nos que aínda non o viron e non están no camiño de volta da espiral coma nós. Así que eu estou aquí, non sei se indo cara o centro de min mesma ou cara a vós, criaturas da mesma constelación. Reparade no maxestuoso movemento da miña espiral, mentres ides revirando a vosa propia traxectoria.

4 comentários:

torredebabel disse...

o tempo ten un movemento tan suave que non os decatamos do moito que corre e so o vemos cando, como a auga na man, xa o perdemos...

torredebabel disse...

((suroeste, mañá á noite vou pegar un texto sobre o que dixo Ferrín no Tortoni. Dime onde podo mandarche os audios dixitales das duas presentaciones que fixo (en verdade son 3 pero á ultima non puiden ir). A do Tortoni ten moitísimo ruido pero escoitase ben a sua voz. Pesan 3 megas o mais longo (unha hora) e moito menos o outro no que falou con outras persoas na inauguración da semana do exilio acá en Bos Aires. Na ultima presentación falou sobre todo de literatura -nas outras mais de política e de literatura- e podo intentar ver se alguen a grabou.))

Marinha de Allegue disse...

Interesante suxerencia a espiral e o seu movemento...

Unha aperta.
;)

Pés de naufragha disse...

Menos mal que non te fuches, branca sombra que me asombras. Non sei que lles fas as tuas palabras que voan como ningunhas outras! Chegaron xa... canto ben me fixeron! Un bicazo, ventinho mareiro!