Número total de visualizações de página

domingo, outubro 08, 2006

Madame Bovary c´est moi


Seique iso mesmo contestou Flaubert á pregunta tan pouco orixinal de se existira realmente unha muller tan arrebatada, tan errada e tan drástica nos seus remedios. El era Emma Bovary e Emma Bovary era el.
O que escribimos está na nosa cabeza, poderemos recoñecelo ou non, deixar que nos posúa por uns instantes, unha semanas, uns meses ou trazar claramente as estremas con marcos e piagueiros: ata aquí ti e ata aquí eu. As boas historias non saen de nada, como o fume necesitan combustión e o escritor ten que mollar as bragas para apañar as troitas. Madame Bovary, c´est moi, que gran frase, que gran escritor!
Hai uns anos tiven a ousadía de promocionar entre os meus compañeiros de traballo unha revista que por aquel entón facía unha minúscula asociación cultural. Nas súas páxinas había un relatiño meu: Chica de calendario. A pregunta, morbosa, non tardou moito "era eu a protagonista?" e aínda "era eu a da fotos que acompañaban o texto?". Que responder? "Si e non", "se cadra", "non necesariamente", "o poeta é um fingidor"... Nada diso, queridas e queridos, botei peito e atrevinme:
-Madame Bovary c´est moi.

16 comentários:

Trolha disse...

Tu, Madame Bovary?

Mulher inquieta?
Cheia de tédio e aborrecimento
na busca incessante do amor?
Procuras um homem q te deixe fora de controlo, em paixão permanente?
Olha para o q e te digo!
Toma cuidado!
Vê como acabou a Madame Bovary.

SurOeste disse...

Ben, é unha maneira plana de entender o post, mais é unha maneira.
A Mme Bovary envenenouna Flaubert, diso non me cabe dúbida ningunha (el saberá por que).

Pés de naufragha disse...

Ti non es Madame Bobary, ti es cereixos, cafe Sant Martin, crema de oruxo fresquinha, intese polas literaturas, ruxirrou, vilanchos, emocion... Serveche?

Ra disse...

Buena respuesta.Saludo!

-pirata-vermelho- disse...

... mas, mesmo assim, posso indicar

http://www.hasempreumlivro.blogspot.com/

não posso?

La queue bleue disse...

Lembro-me de que qdo lim Madame Bovary irritou-me bastante, pensava que era parva. A ignorância é mui atrevida? :P Ou os simplesmente os gostos som arbitrários? ;)
Suroeste, minha querida, é indiscreçom se che pergunto em que trabalhas?

SurOeste disse...

Éo, sen dúbida, miña prezada lectora.

SurOeste disse...

DEar Miss náufragha:

Son ghuapos os mozos aí ou pichí-pichá? Imos poñer a Trolha de "canon": do 1 ao 10 en que lugar poñerías a media?

La queue bleue disse...

É-o? O que? A ignorância atrevida? os gostos arbitrários? ou a menina umha indiscreta impertinente? :P
É 1 pergunta retórica ;)

La queue bleue disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
SurOeste disse...

É unha resposta á totalidade.

Claudia Sousa Dias disse...

Umbral, está a desempenhar a função de crítico literário no livro "E como eram as ligas de Madame Bovary, ou para ser mais exacta, está a comentar a obra de alguns dos mais eminentes escritores europeus, relacionando-a com o contexto social e psicológico\familiar em que viveram utilizando a sátira.

Gosto dele como escritor. Como crítico acho um pouco parcial.


A propósito de Flaubert, acho que toda a mulher com a mentalidade do século XXI tem um não sei quê de Madame Bovary...

Gostei do teu blog.

Voltarei.

Um beijo

CSD

Claudia Sousa Dias disse...

Ah estou solidária com todas as Madame Bovary!

Não importa como tenham acabado.

E, já agora com a Carmen de Merimé, também!

;-)

torredebabel disse...

tamen eu son solidaria con todas as Madames Bovary. Que cada quen é como pode e non sempre como quere ou se espera que queira...

Moralla disse...

Noraboa polo teu blog! Grazas polo comentario que deixaches no post sobre novas poetas. Ti scribes poesía? Porque a túa escrita é moi boa.
Na miña opinión non deberían existir "demasiadas Madames Bovaries". Penso que agora, polo mesmo en moitos puntos de Occidente, xa avanzamos mais non feminismo. Que sofran eles! Un bicazo

SurOeste disse...

Suxerencia: o blog de moralla.