Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, maio 05, 2010

Vicios virtuosos

Confeso diante de vós, querid@s irm@s que caín inocentemente, aproveitando un momento de vagar, nun vicio que se me revelou fonte de pracer indescritíbel: pousei os meus curiosos ollos nunha novela de Jane Austen, e logo noutra e seguín coas adaptacións da BBC e de aí, irm@s, cando rematei co filón Austen enganchei no filón Brontë –toda a irmandade Brontë– e unha querida persoa, á que lle bico as mans, vendo o meu estado febril, regaloume unha fermosa edición en castelán de Jane Eyre, da que xa vou pola terceira lectura, cando xa os diálogos resoan nos meus oídos internos coma unha fermosa canción. E aquí estou, aquí me tedes presa destes vicios que se me volven virtude cando penso que personaxes tan ben tallados, que ambientes tan cheos de sensacións, que emocións sabiamente guiadas, que historia marabillosamente contada, e penso Jane, penso Charlotte e as mulleres todas que escoitaban a súa voz interior.

5 comentários:

A das peles disse...

Acaso hai algún vicio que non sexa de seu virtuoso?

SurOeste disse...

Pois eu diría que algún hai.

FraVernero disse...

Hahahahaha

O das Bröntes é un bo vicio. Tes varias adaptacións cinematográficas de Jane Eyre, alén do formato teleserie. Hai unha en branco e negro bastante boa, con Orson Welles facendo de Mr. Rochester (Joan Fontaine de Jane... iso si que é para vicio... xD), e outra en con que me gustou algo máis, anque moi recortada, de Zefirelli...

Eu persoalmente teño un pouco máis de simpatía, debo confesar, pola 'secuela' que anos despois faría Jean Rys, centrándose na 'tola do faiado', e que traduciron como 'Ancho mar de los sargazos'. Por darlle un toque máis poscolonial e menos eurocéntrico, burgués e puritano ao feminismo incipiente de Charlotte...

Anónimo disse...

Muller le a V. Woolf, e a E. Dickynson que así te deprimes un pouco, non ves que esa inflamación da alma non pode ser boa.

SurOeste disse...

Á Woolf xa lle teño metido o dente, á Dikynson non; vai ser a próxima.