Número total de visualizações de página

domingo, maio 30, 2010

Alguén ten que contar esta historia


Onte, no barrio obreiro de San Valentín, en Fene, houbo unha festa para pedir o fin do veto que pesa sobre os estaleiros ferroláns que restrinxe penosamente as súas inmensas potencialidades de construír barcos. O lema, baixo o perfil do emblema de ASTANO, era unha aseveración cargada de dignidade: Sabemos e queremos construír barcos.
Empecei a traballar como profesora na comarca de Ferrol en plena crise de ASTANO alá polo ano, uf! uf!, case dá medo dicilo, alá polo ano 87. Atravesar a ponte das Pías era cuestión de sorte, entre obreiros con buzo azul e filas compactas de policía nacional, e na maioría das ocasións o máis aconsellábel era dar a volta. A gran industria da comarca estaba empezando a desmantelarse e empezaba a falarse da reconversión industrial, das xubilacións anticipadas e da recolocación da parte da plantilla noutras industrias. Moitos pediron a conta e puxeron un bar ou un negocio relacionado co traballo que realizaban no estaleiro. Outros resistiron e pecháronse. No medio daquela marea inestábel os meus alumn@s escribían nas fichas no recadro de "Profesión do pai/nai" a especialidade que o pai realizaba: plomeiro, soldador... Orgullo de obreiros especializados que facían os barcos máis grandes do mundo. Imposíbel esquecer a botadura daquel petroleiro inmenso de nome vasco que todo o mundo temía que rachara no mesmo momento en que, esvarando do dique, entrara no mar. Nada diso, logo fixéronse outros das mesmas feituras e, que eu saiba, ningún deles rachou. Aínda non chegaran os maos tempos e un suceso como o que anos máis tarde protagonizaría a plataforma petrolífera, ceiba das súas amarras, empotrándose contra a ponte era inimaxinábel.
Agora xa estamos preparados para todo: nin os traballos de obreiro de luxo en ASTANO, nin o posto de funcionario, nin a seguranza da pensión, nin a asistencia social están garantizadas. As pezas de metal oxídanse na gran explanada gañada ao mar de ASTANO mentres o estado do benestar empeza a caer a cachos. Poñamos o casco.

6 comentários:

Anónimo disse...

Está a chamar á rebelión social como un tal Vázquez?

SurOeste disse...

Eu, de momento, chamo á reflexión. Non sei nada dese tal Vázquez.

Balonga disse...

http://www.anosaterra.org/nova/46439/o-bng-volve-levar-ao-congreso-o-veto-a-navantia.html

Pregunta pola negociación de Madrid coa UE
O BNG volve levar ao Congreso o veto a Navantia
Redacción . O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha nova iniciativa na que lle pregunta ao Goberno central polo cumprimento do seu compromiso de negociar o levantamento do veto ao antigo estaleiro Astano, en Fene, para que volva construír buques navais civís.

Anónimo disse...

cialis preise cialis generika erfahrungen
cialis tadalafil comprare
cialis cialis vademecum
acheter cialis prix cialis 20 mg

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]kaufen cialis[/url] cialis
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]cialis online[/url] cialis compresse
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis[/url] comprar cialis por internet
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]prix cialis[/url] cialis achat en ligne

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]cialis preise[/url] cialis bestellen rezeptfrei
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]cialis acquisto[/url] cialis compresse
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis precio[/url] cialis
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]cialis acheter[/url] generique cialis