Número total de visualizações de página

quinta-feira, maio 13, 2010

Dúbidas e beneficios


Parece que non se quere ir o inverno. Non sei qué me dá acender de novo a calefacción, pero volvín botar a manta. Ás veces dígome, "imos dar un paseo" e coa mesma ponse a chover a chuzos e volta para a casa. Café e mantiña, libros e correos electrónicos. Do feisbú botáronme, paréceme que xa cho contei. Eles saberán... Non, se non me importa, así teño máis tempo para ler e pensar. Se cadra de máis, porque é como se me estivese obrigando a tomar unha decisión e, francamente, non o teño nada claro. Como que cómo o quería ter? Pois... xa sabes, estar o suficientemente inspirada como para non ter dúbidas. E non o estou. Hai cousas nel que non entendo e que me cabrean. Cando discutimos é coma se nunca fosemos acabar e a cada paso xorden malentendidos que cada un de nós contribúe a levar ao extremo. Ás veces sorprendémonos con puntuais momentos de harmonía e daquela é coma se saíse o sol. Un sol primaveral e rabioso que axiña se ve escurecido polo trebón. Se non é por un é polo outro. É coma se nos dixésemos, "se non podemos levarnos ben, levémonos mal", e facemos o imposíbel por levarnos mal.
Non, en realidade, durmo e só estou desacougada cando pasan días sen vérmonos. Necesito a súa mirada. Xa sei o que estás pensando.
A min tamén me preocupa.

5 comentários:

homburg disse...

Parece ser que en épocas de crise económica rompen menos parellas, non sei se pode servir de consolo e, peor aínda, non sei se falas da parella. Polo demais, resiste, non acendas a calefacción.
p.s.:Rebentaron as fragas?

SurOeste disse...

Encántame saber o que ledes do que eu escribo e ti en particular, Homburg.Non sei se a crise é un incentivo suficiente para agarrarse á parella coa que compartes gastos, o que si sei é que é un potente disuasor para limitar o uso da calefacción aos meses máis crueis.


Polo demais tede en conta que eu invento moito, e sométome a maratóns de series de época da BBC: non me consoledes, que non o merezo.

XdM disse...

Pois eu case que me aplico o conto, co teu permiso. Hoxe vaime ao pelo... Que extraña sensación me deixaches

Anónimo disse...

Bueno, bueno, bueeeeno!

Tes un conto que lo flipas.

En vez de acender a calefacción eu suxiriríalle unha boa sesión de "saching in the garden", xa verá como lle pasa o frío e o conto!

SurOeste disse...

Deus, Anónima, o saching vaime fatal ultimamente. Prodúceme isto, como se chama?, alerxia e rinite, e poida que tamén urticaria, que hai moitas ortigas. Ti quéresme matar, ou?