Número total de visualizações de página

segunda-feira, maio 17, 2010

As Letras Galegas segundo A. Rueda, segundo A. Feijoo

Foto collida en calidade de préstamo a Vieiros

Dixo Rueda que os galeguistas-verdá se, en vez de estar criando malvas, puidesen erguerse e elixir entre ir á manifestación reivindicativa de hoxe ou ir á festa-churrasco de onte para celebrar o Día das Letras Galegas elixirían a festa-churrasco. Díxoo Rueda e el saberá, porque el sábevos moito de galeguismo e de galeguistas, dos grandes galeguistas e dos cativos, que para iso foi a colexios de pago onde no canto de rosario rezaban o Vietnam Canto, daban o 50% das materias escolares en galego e ata tronzaban a álxebra na lingua vernácula.

Díxoo querendo dicir que se se puidesen erguer, en vez de estercar malvas, Rosalía encabezaría as manifestacións de Rouco e escribiría con man trémula polo sentimento de admiración un poema titulado "El abanico de la Gloria Lago", que Murguía tería un bon choio de ideólogo na FAES e que Curros sería o articulista de referencia que lle argallase os J´accuse...! a Don Santiago, rei do jaccuzzi. E nesta Nova Era de verdades absolutas non dubidedes, como tampouco o fan Feijoo e Rueda, de que Pondal se aviría a traballar como funcionario da Secretaría Xeral de Política Lingüística dignificando con mitoloxías prehistóricas as férridas palabras do Decreto dinamizador. Enfín, hai que tomar as cousas como de quen veñen, e veñen da ignorancia máis absoluta da nosa tradición literaria e política.

De toda esta tropa ignorante –os feijós, ruedas, lagos, varelas, vázquezes e lorenzos– non nos debe estrañar, pois a ignorancia é atrevida, que non teñan empacho en coller versos e liñas da literatura galega para xustificar o inxustificábel, impostando o seu significado ata lles retorcer o sentido. Intentan en van con esta estratexia buscar unha base na que apoiarse que poida lexitimar unha política profundamente antigaleguista.

"A forza do amor" do que falou Novoneyra utilízaa Feijoo coma unha labazada para xustificar a súa política lingüística. Évos ben certo que hai amores que matan.


5 comentários:

Balonga disse...

Relato de sete estralos.
De Ruada con DANFeijoo, varren cando vai aire. Son boas briscas. Xuntos na Xunta chapodan o galego polo xunto. Un mata e o outro esfola e ambos os dous morden pola calada.
Ben deitamos de que chova a callón, e xordan miles de tollemerendas, como dicía Uxío.

Nótula: que ledicia que lle saque o acento DANFeijoo.

Xis disse...

Anxos a verdade é que me cabrea tanto o tema, que me costa ata ironizar... Temos que oir unhas cousas que!

xosé manuel

SurOeste disse...

Non paga a pena cabrearse, as cousas caen polo seu propio peso.

Anónimo disse...

cialis bestellen cialis kaufen
cialis acquistare comprare cialis online
cialis cialis precio farmacia
cialis acheter cialis 20mg

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]cialis[/url] cialis deutschland
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]cialis[/url] generico cialis
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis[/url] cialis precio
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]vente cialis[/url] commander cialis france