Número total de visualizações de páginas

domingo, maio 09, 2010

A filla do clérigo

Neste rico xacemento que é a narrativa inglesa feminina do Século XIX hai un filón que me chama poderosamente a atención: a figura da filla do clérigo.
Na Igrexa de Inglaterra os cregos teñen unha educación coidada, casan e teñen fillos e fillas. A narrativa feminina está chea de fillas de clérigos con forte personalidade, intelixentes, cultas e cunha gran conciencia de si mesmas, aínda que sen fortuna, polo xeral. Educadas para traballar e ser útiles, entre as súas cualidades está o dominio da expresión lingüística, que é unha arma que utilizan sen vacilar. Lembremos que non pode ser casualidade que moitas das narradoras foron elas mesmas fillas de clérigos. Desta compañía, Margaret Hale, a heroína de Norte e sur de Elizabeth Gaskell é, para min, a máis fascinante delas. Quitando ás Brontë, claro, que foron de carne e óso.
Imaxino que sería da cultura galega se os cregos casaran e tiveran fillas con toda normalidade. Non me faledes de Rosalía: Rosalía foi claramente unha excepción de pai incógnito.

Sem comentários: