Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, março 05, 2010

Cita a cegas III



Levaba xa dous meses coas citas a cegas. O balance non podía ser máis desesperanzador: dous señores en idade de que os coidasen, tres vivalavidas e un rapaz cun gran futuro como capullo. A última das citas viñera a ser a gota que colmara o vaso da paciencia de María: o aspirante era nada menos que o marido dunha amiga súa. Bueno, ex-amiga. Moita risa ao principio, moita sorpresa, pero o tío moi animado coa aventura. Tivera que pararlle os pés en seco.
Despois estivera dous días coa desacougante sensación de que a seguían, de que a xente do barrio cuchichaba á conta dela... paranoias. Onte empezara a ir a unha psicóloga a ver se lle axudaba a tranquilizarse. De momento retirara o anuncio e tomaba unha pastilliña para durmir.
"Non hai homes nesta cidade", queixárase a súa mellor amiga cando lle contou o do anuncio, "ti fai o que queiras, pero os bos xa están collidos e o resto non paga a pena". Molestáralle aquela perspectiva mercantilista, falaba coma se estivesen tratando de solares ou vacas nunha feira. Pero, despois de todo, ela tamén caera na mesma lama poñendo un anuncio, publicitando o seu desexo e colocádose na tesitura do comprador esixente que examina a mercancía con ollos críticos. Como lle ía saír ben así? Aínda que estivese diante da persoa apropiada non se decataría. A psicóloga déralle a pista para chegar a esa conclusión: o fin non só non xustifica os medios, senón que uns medios inadecuados poden invalidar calquera probabiblidade de conseguir con éxito o fin que se propoñían.
"Volvamos a empezar facendo as cousas ben, María", dixérase mentres pintaba os beizos mirándose no espello retrovisor, "ti aínda tes moita vida", e sorriu á súa imaxe antes de saír do coche e mergullarse na xornada laboral.

3 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Qué malévola de amiga, que mentras se barniza os beizos dille que lle queda moita vida (amargada).
Dende logo as mulleres sodes moi duras coas demáis mulleres. Ou será percpeción miña?

Preguntando... disse...

E por que non había acabar aceptablemente ben a historia? Por que non había encontrar un home, temporal ou permanente, para solazarse por momentos ou para algo máis firme, en calquera caso alguén que a amase, temporal ou permanentemente? Porque iso non se pode encontrar nun anuncio por palabras? Porque iso só se encontra por medios convencionais? Porque iso non se encontra, simplemente?

SurOeste disse...

Chousa: é ela falando consigo mesma mentres embarra os beizos. Malas? Habería que falar moito disto.

E por que? Ai, non sei, a María non lle resultou; ela intenta buscar unha explicación. Agora, como é unha muller listaa e que non se dá por vencida facilmente, vai buscar novas vías de expresión.

Xa me fixestes pensar, a ver en que vai dar isto agora.