Número total de visualizações de página

terça-feira, março 16, 2010

Écriture


Ora ben. Aquí estás sentada no teu escritorio, soa, sen permitir que ninguén máis interfira. Es libre?

Primeiro, despois desta longa empresa, encóntraste a nadar nunha sopa de valores –porque, para estares segura, tiveches que refugar os chamados valores femininos, que non son femininos senón un esquema social, e identificarte con valores masculinos, que non son masculinos, senón a apropiación feita polos homes –ou a atribución aos homes– da totalidade dos valores humanos, misturados cos anti-valores de dominación-violencia-opresión, e cousas do estilo. Nesa mistura, onde está a túa verdadeira identidade?

Segundo, debes, preferentemente, escribir de certa maneira: é dicir, ti sentes que en certas maneiras non es vista ao xeito dunha usurpadora. Novelas. Poesía menor, en cuxo caso en francés serás estigmatizada co epíteto "poetesse": non todo o mundo se pode permitir ese luxo...

Debes tamén escribir sobre certas cousas: casa, nenos, amor. Ata hai ben pouco había en Francia unha chamada littérature féminine.

Se cadra non queres escribir sobre, senón escribir, punto e final. E claro, non queres obedecer a esta orde social. Por iso tendes a rebelarte. Non é doado ser xenuína.

Christine Rochefort, "Are Women Writers Still Monsters?", discurso lido na Universidade de Wisconsin, Madison, en febreiro de 1975.

2 comentários:

miyazaki disse...

¿No es la literatura un monstruo?, ¿no es lo masculino quien los mata y el niño quien juega con ellos?... si la Gorgona Medusa hubiese petrificado a Perseo ¿seguirias siendo tu una mujer y yo un hombre?.

SurOeste disse...

Boa pregunta... se a Gorgona deixase teso a Perseo, se a Esfinxe devorase Edipo, se Carapuchiña non escoitase as argucias do lobo, se... pensalo é todo un desafío. Pensar en ver unha persoa e non clasificala como home ou muller. Desfacer a tea toda de Penélope e volver a empezar facendo de novo a trama.