Número total de visualizações de página

quinta-feira, março 11, 2010

A superación (necesaria) das ideoloxías

Foto de El Correo Gallego en Google

A dialéctica da dereita e da esquerda está obsoleta e o viño con gasosa xa se vende en tetrabrick. Hoxe, aquí e agora, a superación das ideoloxías chámase Baltarismo. Non lle deamos máis voltas –é inútil resistirse a esta forza de sedución imparábel, inútil negar as evidencias– sumémonos á comparsa!

17 comentários:

Anónimo disse...

Hainos que, con todo, permanecemos virxes e castos.

SurOeste disse...

Non se preocupe, Anónimo, a virxindade é, normalmente un estadio transitorio. Aplíquese viño con gasosa e non lle dea maior importancia.

Anónimo disse...

Falta o cantar de xesta nas páxinas do Xornal, o órgano oficial do pachismo-baltarismo.

Xis disse...

O curioso non é que Baltar II de Ourense capte a unha das figuras visibeis do psoe en Ouren, senón que non lle pase o electorado, ou sexa, os cidadáns, ningunha factura.

(poderás comprobar Anxo que estou aprendendo a colocar comas...)

xmpb

SurOeste disse...

A min escapóuseme unha coma despois de normalmente, desculpen vostedes, son cousas do directo-directo.

Baltar encarna perfectamente a mentalidade do seu electorado (e polo que se ve tamén dos seus adversarios políticos), por que, entón, lle había de pasar factura? É, polo tanto, a política cuestión de mentalidades ou cabe o razoamento e os proxectos e etc.?

Xis disse...

Concordo totalmente.

(por certo, agora, ademais das comas só me falta colocar os s, anxos)

Ana Bande disse...

eu non sei se foi con vostede con quen comentaba unha tarde de sol o interesante que sería facer un pequeno estudo sobre os "herdeiros", tabareses, baltares, e non só na política, que a pulsión ao cargo é cuestión de herdanza tamén noutros moitoe eidos, en fin...eu paso que a política embrutece moito de dios, pero iso si, pódolle pasar un bo software para reconstruir xenealoxías.

SurOeste disse...

Mande, dona Ana, que estou pensando en facer unha novela.

Gabriel Pérez disse...

Penso que aquí non hai unha cuestión de ideoloxías, senón de que partido político ofrece mellores posibilidades de ascenso, tanto social como económico.
Haberíase que pregunta que na época en que o ex-PSdG comeza no mundo da política, que partido ofrecía mellores posibilidades de 'medrar'
Teño a sensación de que a fichaxe estrela dos baltares é simplemente un electrón que se cambiou de órbita onde xirar (léase vira-chaquetas). O interesante sería saber que foi o que lle ofreceron os baltares, porque "hermanita de la caridad" non parece o individuo

SurOeste disse...

Ilusión, un carro de ilusión, seique.

Balonga disse...

Os York loitaron contra os Lancaster na Guerra das Dúas Rosas(ou foron Díez Rosas) e ganaron.
Os Balonga loitaremos contra contra os Baltar e ganaremos. Entronarizaremos na Galiza a miña adorada princesa Liz Hurley (que xa fala inglés dende os dous anos, como quere DANFeijoo)e eu serei o seu príncipe con sorte. Con moita sorte.

SurOeste disse...

Señor Balonga, os Baltar ofrecen viño con gasosa, comparsa de trombón e bedelatos para toda a vida; vostedes, os Balonga, que ofrecen?

Perriclitus disse...

Eu son Baltar. A terra son eu. Cando eu sufro, a terra estiña. Cando eu gozo, a terra florece. Cando eu pereza, a terra perecerá. Por iso tiven que facer pervivir o meu sangue para que a terra perviva.

Eu son Artemis nutricia. Dos meus innumerables peitos, das miñas innumerables portas, beben e beberán, coidan e coidarán confiados, cos ollos pechos de felicidade, os meus 356.957 potenciais electores, os meus fillos. Cando se achega alguén a saciarse, a coidar, non o boto. Acólloo, acáloo e dirixo os seus pasos á portería.

Eu son Baltar. Ás veces, cando conduzo o meu 850 cor crema polas miñas estradas da miña provincia, soño e estou seguro de que, despois do meu pasamento, sempre serán Baltar.

SurOeste disse...

Deusss, o panteísmo do que falaba Otero. Perdoen pero estame dando unha epifanía, déixoos agora.

Balonga disse...

Pois señorita SurOeste, velai a oferta dos Balonga/Hurley:

- Estebelecemento no Reino de Galiza e por primeira vez no mundo da Renda Básica.Ou sexa o dereito que ten cada cidadán/a polo só feito de nacer, de percibir unha cantidade peródica que cubra as súas necesidades materiales para sobrevivir con dignidade.

- Expropiación dos Bens da Igrexa, que son do pobo e "o povo é quem máis ordena". Os seus xuros encherán tamén a boeta que se integrará na Renta Básica.

-Obriga de beber sempre albariños, godellos e ribeiros, coa pena engadida de cadea para aqueles que os mesturasen con gasosa. Un Reino que se aprecie, ten de ter un nivel óptimo de ética e de estética. A esta contribuiría a beleza de Liz que herdarían os nosos descendentes. Ademáis de falar un inglés de moito sandiós, requintado e oxforizado.

- Supresión da demarcación das provincias,creación allea ao Reino. A de Ourense tamén Señor Baltar, e xa que logo le e escribe neste blogue, polo que di máis arriba, saiba que non están os tempos para chanzas. Non hai mal que cen anos dure e o baltarismo tampouco chegará ao século. Dito queda no Reino de Galiza o País das Marabillas.

SurOeste disse...

Un amigo que non quere darse a coñecer coméntame con preocupación que a última maniobra baltariana pode ser unha arma de dobre fío que pon en perigo o futuro do delfín e afirma isto atendendo ás seguintes observacións:

–Cal foi o obxecto do troco? Ninguén crerá que o señor do PSOE ía cambiar un despacho con vistas por unha lúgubre portería.

–Cal vai ser a recacción dos fieis do propio partido que agardan cos dentes regañados a súa parte e ven agora como se desvía para un intruso que malia o demo a falta que facía?

–Estaremos, pois no preludio dunha conxura que acabe "matando ao pai"e repartindo premios?

P.D. e os Balonga a todo isto pensando en Liz Hurley...

Anónimo disse...

[url=http://kaufencialisgenerikade.com/]cialis generika[/url] preise cialis
[url=http://acquistocialisgenericoit.com/]cialis acquistare[/url] dove acquistare cialis
[url=http://comprarcialisgenericoes.com/]cialis[/url] precio cialis
[url=http://achatcialisgeneriquefr.com/]generique cialis[/url] cialis commander