Número total de visualizações de página

quarta-feira, março 17, 2010

Metamorfose

Algo raro pasou en ti que me é difícil determinar, pero xa non es a que eras, miña querida. Non, de ningún xeito. Dime se variaches o peiteado ou a alimentación. Iso, a alimentación: do que se come, críase. Dime qué comes, qué pensas, que cousas terríbeis aniñan na túa cabeza ocupando tanto espazo a custa de todo o demais, a custa daquel corpo xeitoso. Mira as túas perniñas, outrora esveltas, hoxe semellan raquíticas. E a túa man, a esquerda ademais, xustamente a esquerda para mosquear máis, parece que vai dar unha losqueada que lle vire a cabeza a quen ouse mirala. Debes ir ao médico, si, sen dúbida, un bo médico que che axude a recobrar o fráxil equilibrio da feminité. Ai, por que, meu deus, por que seredes tan complicadas?

2 comentários:

homburg disse...

Non se perdeu todo, non, mira senón ese seu xeito chuscando o ollo. Quen tivo...

SurOeste disse...

;)