Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, março 18, 2010

Universalismos e particularismos

Foto de Xebe d´Afrei

Comezar a escribir, despois levantarse. Parar por causa dunha abella enorme que, fóra de estación, aparece de súpeto dentro desta casa, atoutiñando, tropezando, aturdida por bater contra fiestras e limiares. Tal coma min, a abella procura o que lle fai falta e, coma min, ficou presa nun lugar onde a súa vida non se pode cumprir. Podería abrir o frasco de mel no balcón da cociña; porén, o seu proceso de vida, o seu traballo, o seu modo de ser, non serían cumpridos dentro desta casa.

Tal coma a abella, tamén eu teño vido bater contra as galerías de vidro, caendo medio aturdida, erguéndome con esforzo e, arrastrándome, levanto voo de novo, en busca de algo. Xa non sinto a abella e, entón, abandono a porta da casa. Séntome e collo unha edición escolar de segunda man, con anotacións semiborradas, de The German Ideology de Marx que, "por acaso", se atopa encima da mesa.

Direi estas palabra en Europa, mais é nos Estados Unidos da América do Norte que teño andado en busca delas. Cando tiña dez ou once anos, no principio da II Guerra Mundial, escribíame cunha amiga e as cartas levaban o seguinte enderezo:

Adrienne Rich
14 Edgvale Road
Baltimore, Maryland
Estados Unido de América
Continente de América do Norte
Hemisfério Occidental
Terra
Sistema Solar
Universo

Viamos a nosa casa coma un punto minúsculo nunha paisaxe cada vez máis vasta, ou coma o centro de todo a partir do cal os círculos se expandían ata o infinito descoñecido.
É esta cuestión de nos sentirmos no centro que agora me consome as entrañas. Sentírmonos no centro de que?

Adrienne Rich, (1987). Blood, Bread and Poetry: Selected Prose, 1979-1985, Londres, Virago

5 comentários:

Teotónio L. de Sousa disse...

Fermosas e conmovedoras verbas dunha persoa que non é quen de atopa-lo seu espazo no mundo que constata que a vida que outrora imaxinara non vai poder cumprirse. Moitas grazas por compartilo e parabéns polo teu blog, que sempre resulta interesante. :-)

Por certo, a sintaxe da seguinte frase non é incorrecta?: "É esta cuestión de nos sentírmonos no centro". Coido que debería ser "de sentírmonos" ou "de nos sentir". non si?

Unha aperta,

O Teotónio
http://teimasdungalego.blogspot.com

miyazaki disse...

Colocados en el centro mismo de universo, sin duda. Ocurre que con el tiempo el punto que ocupamos se expande, siguiendo la teoría del punto gordo que el estudiante de dibujo aplica cuando la linea se resiste a pasar por su sitio, y esa expansión nos diluye como azucarillos en absenta.
Aquella abeja tuvo tiempo, probablemente, de echar un vistazo a tus textos y al ver con quien se la jugaba, una mujer reflexiva nada menos, se dejó de tonterías y encontró la salida. Cuando la necesidad aprieta...

SurOeste disse...

O señor Teutónio ten razón, sobra un clítico que decontado vou eliminar. Logo pasarei a facer unha visita ao seu blog.

O señor Miyazaki é moi amábel, pero este marabilloso texto non é meu (xa me gustaría) senón de Adrienne Rich. Efectivamente, o abellón tiña nos textos que seguramente había naquel escritorio un material moi nutritivo.

Grazas pola vosa compañía, espelídesme a inspiración.

Anónimo disse...

Pois no centro dun mesmo, por exemplo. Como coñece-lo mundo e os demais sen coñecernos a nós mesmos? Como dar importancia ó resto sen darnos importancia a nós? Acho, bom.

Rodolfo Plata disse...

HAY DIFERENCIA NOTABLE ENTRE LO ESPIRITUAL Y LO SAGRADO: Una cosa son los universalismos del fenómeno espiritual de la trasformación humana que demarcan el camino ecuménico señalado por Cristo, que tiene por directriz la reflexión de la existencia antes y después de esta vida, a fin de alcanzar la vida eterna. Y otra los convencionalismos de lo que es sagrado para Israel (su: territorio, pueblo, ancestros, Jerusalén, Templo, Ley) que demarcan la ecumene Abarham-ica, que tiene por directriz la reflexión del devenir de Israel entre las naciones, a fin de sin escrúpulo alguno hacer de Israel la principal de las naciones. .http://www.scribd.com/doc/17694382/EL-HUMANISMO-SECULAR-CRISTIANO-Y-EL-DESLINDE-OBJETIVO-DEL-CAMINO-ECUMÉNICO