Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, outubro 16, 2009

Que te confunda o inferno, Lilith!

Para Ana Bande

Lilith, non Eva, foi a primeira muller de Adán, aquel homiño sen moito criterio que sempre se amañaba para botarlle a culpa dos seus erros ao outro, é dicir, á Outra. E din os vellos escritos hebraicos que no se fixo dunha costela del, coma Eva, senón da mesma lama ca el. Este argumento foi suficiente para xamais consentir ser dominada, obrigada, humillada polo seu compañeiro.

Lilith consideraba ofensiva a postura recostada que el lle esixía. "Por que me teño que deitar debaixo de ti?"–preguntaba. Eu tamén fun feita con po, e polo tanto son igual ca ti". Como Adán tratou de obrigala a obedecer pola forza, Lilith, enrabuxada, pronunciou o nome máxico de Deus, elevouse no aire e abandonouno.


Ela tamén quería pracer e sabía que o seu pracer non dependía do del, esa estúpida idea que ás fillas de Eva se nos foi metendo na cabeza. O seu pracer era autónomo e Lilith, a primeira muller, soubo enseguida que a súa vulva, ademais dun burato, tiña un tenro pestelo ao que lle gustaba ser acariciado. Ás fillas de Eva foilles estirpado o pesteliño antes de se faceren mulleres ou, no mellor dos casos, foi ignorado polos seus compañeiros e condenado a ser algo clandestino e pecaminoso que conducía á loucura.

Deus púxose do lado de Adán e esixiulle a Lilith que volvese ao lado do seu esposo e aceptase o seu dominio, mais ela, insolente, riuse na súa cara e botou a andar cara o inferno. A primeira muller tivo a ousadía non só de enfrontarse ao seu home, senón ao Home, a Deus Pai. Unha perdida sen remisión esta Lilith! No Zohar e noutros libros da tradición hebrea non se aforran calificativos denigrantes con ela e, por extensión, coas mulleres que adoptan actitudes tan extremas e contrarias aos intereses do patriarcado: a rameira, a perversa, a falsa e, atención!!!, a negra.

Erika Bornay pensa que a utilización de Lilith por parte dos rabinos débese á necesidade de atopar unha figura feminina á que culpabilizar de todos os males da humanidade desde os primeiros días da creación e, deste xeito, aliviar a responsabilidade excesiva acumulada por Eva, quen, despois de todo, é a nai primixenia e merece só por iso aparecer nos mitos dun xeito un pouco máis respetábel. Neste contexto e neste xogo de oposicións, para redondear a figura, engadíuselle a Lilith a capacidade de facerlles mal ás preñadas e aos neonatos pois, sendo ela estéril, odia todo o que sexa a perpetuación da vida.

Lilith é perigosa porque é bela e seductora, porque non depende dos homes para o seu pracer e non vive lastrada coas cargas da afectividade maternal. O seu corpo é incandescente e fai arder a quen ouse tocalo nunha paixón que pode dexenerar en desatinos e enfermidades. Ela é a femme fatale, a vampiresa que asexa os soños dos homes e destrúe as tranquilas e produtivas familias.

Deus aprendeu a lección e a seguinte muller que fixo, a partir da costela de Adán, foi unha especie de apéndice do home con certa autonomía, mais que nada para que non a tivera que cargar ás costas. Aínda así na cabeleira de Eva, de ningún modo tan esplendorosa coma a de Lilith, Deus deixou ir, ou escapóuselle, algún que outro pelo gallado como logo se virá a demostrar.

28 comentários:

arume dos piñeiros disse...

Ser autosuficiente require non pensar na ollada do home. Perigo, seducción ou fatalidade son categorías que proceden desde fóra. A ela tanto lle ten.
Ou non?

SurOeste disse...

Si, si, pensar na mirada do home, pero non consentir que a mirada do home se faga dona de ti. Esforzarse en responder aos estereotipos do machismo é ser perigosa e fatal para unha mesma.
As categorías proceden sempre do poder.

Ana Bande disse...

Idolo de perversidade, O pecado, A sensualidade, O vicio,a serpe, putas e bruxas, a sífile, case toda a filosofía, femmes damnées de Rodín, As diabólicas, Gauguin, Judit, Medusa, Salombó, Salomé, Cleopatra, Metrópolis, Alfred Kubin, os decadentes, os prerrafaelitas, Mesalina, os luministas, Medea, Proserpina, os Pais da Igrexa, os xudeos, a Virxe María, Lilith...e ata máis alá de Orion.
Grazas pola adicatoria, amiga.

Ana Bande disse...

Alégrome coincidir contigo nesta preciosa lectura. Erika Bornay fai un profundo e rigoroso estudo sobre a evolución da representación da muller nas artes que trascende a crítica artística e contribúe a esclarecer as orixes da súa discriminación dende as orixes. Cicais esté traballando agora na segunda parte deste libro, certamente sería interesante ver a continuidade dos presupostos máis reaccionarios nos novos "productos culturais", estou pensando na imaxe da muller nas series de tv., por exemplo, na publicidade, nas redes sociais (atención á parte dereita dos nosos wall do feis).

Legnaresa disse...

Para unha atea coma min resulta extrana toda esta fermosa historia pois o mellor o oscuro
Deus MACHIN facíalle os honores o negro cantanteou o negro monolito kubrikiano. Como
non comparto a idea de partida da existencia dese "algo" superior chirríame a literatura xerada con relatos mito-parabólicos que achantan sempre intereses creados
dominantes.Prefiro pensar que a mona da Lilith,como primeira bípeda, lista coma un allo,
botou a andar sen saber sequera que tiña ben postos miolos e ovarios (daquelas non tiñan nome distintivo e debía sera algo así como Humm, Humm, e Ah,Ah,Ah respondendo a experiencia de que as veces se lle quentaba a cabeza e outras a vulva. Diuse conta que as dúas procurábanlle raras sensacións que en ocasión ían parellas e noutras non concordaban en nada. O uso de ambas fortaleceu a amizade dos órganos e os
momentos de quecementos de ambos eran tan íntimos que ninguén llos podía quitar. Ou eso chegou a pensar. A cousa complicouse cando chegou un xuiz iluminado e dictaminou que un deles era maís importante co outro, que un debía de cultivarse e o outro agochalo e reprimilo. E logo veu outro Xuiz iluminado(vouno seguir pondo en masculino pois case que eran deste xénero todos os xuíces no meu conto parabólico)e dicho que tamén conviña dominar os pensamentos de cada quen e sometelos a unha educación programada e beneficiosa para unha sociedade que estaban pensando en montar para beneficio de todos pero sen todos-as. E craro a cousa foise compricando ata o puto de esquencernos da pobre Lilith.
Grazas por lembrarnos o inferno de Lilith.

Macho varón disse...

vanme vostedes a perdoar pero a min este discurso soname tan raro com oesto que poluciona a nocturnidade de distorsiona a diurnidade no inferno informático no que nos atopamos. Vou a esoitar os "angelitos negros" mal que le pese a algunha.
Esto semella un atentado ao sentido común, joder, que tropa: http://www.youtube.com/watch?v=shU_zsy3ggI


http://www.youtube.com/watch?v=1JFyIaybXbU

http://www.youtube.com/watch?v=_4IVxpulRf8

http://www.youtube.com/watch?v=VEYY-Wl_VMk

SurOeste disse...

Moi interesante e acaída a discografía, señor Varón, ímola deixar como banda sonora.

Macho Varón disse...

O primeiro enlace non funciona. seguro que eu estouno facendo ben, pero o trebello está claro que é un incompetente e precisamente o que máis me polucionou nocturnamente foi este video que deixoume todo moi craro a pesares de non ter nin idea do idioma da Pérfida Albión nin falta que me fai.
O becho chamase Marilyn. O enxendro "Long Hard Road Out Of Hell" e ilustran fielmente a máxima do grande filósofo da vida actual DINIO: "A noite me confunde"


http://www.youtube.com/watch?v=shU_zsy3ggI

Erithacus disse...

Os anxos non teñen sexo. Pero o "Principe das Tebras" que deafióu a Deus e ao seu poder, era logo unha muller?.

Eu penso que a Lilith tiña varios Adáns, en realidade. Un home sólo non pode satisfacer a unha muller.
Un home pode empreñar a un número indeterminado de mulleres. A sua estratexia é a das árbores: "deperdiga moitas sementes, que algunha caerá en terra fecunda". En xusta correspondencia, a muller debe ser fecundada por varios homes, pra que as suas diferentes sementes loiten no seu interior, e sexa fecundada por a mellor. Sólo despois de "recibir" a varios homes obtería pracer.

"Vamos levarnos ben entre nós", dixeron os homes, e repartiron unha para cada un. Cada un de eles acadaría un placer sexual razonable. Elas quedarían insatisfeitas.
Posiblemente a "fruta prohibida" das mulleres foi o "harén de homes".

Rubecula disse...

A única maneira de que un home satisfaga a unha muller é "que sexa varios homes". Signifique eso o que signifique?.

SurOeste disse...

Máis do mesmo non é a solución , paréceme a min –Un harén de homes vendo o canal deportes todo o día, mon dieu!!!– pero nestes asuntos coma noutros imos aprendendo a medida que imos morrendo (e levando nos fuciños). Xa o di o refrán: sabe maís o demos por vello ca por demo.

Ánimo a todos co asunto!

Apus Apus disse...

Existen homes, non deben de ser moitos, aos que non lles gusta nada,nadiña, o fútbol, nin os canles de deportes. Eu coñezo ben a un. Pero é un fulano moi raro, e esa non é máis que unha das suas moitas rarezas.

Din os que din que saben, que a cópula frontal inicióu o proceso do "enamoramento", ao permitir que home e muller se viran as caras, se miraran aos ollos, e desenrolaran unha especificidade cara individuos concretos nas respostas sexuáis. Na cópula por detrás a femia, sinxelamente,"espera" ao macho que vencerá na loita por ela contra os outros machos. Impórtalle pouco "quén" sexa.
Na cópula por detrás, a muller segue estando "por baixo". Anque non é difícil imaxinar algunha postura na que a muller "domine", estando porriba, e, sin embargo, na que non lle vexa a cara ao partenaire.QUe lle siga dando igual quen sexa.

Apus Apus disse...

Esquecía decir que imaxino que esa postura debería de ser a preferida de Lilith.

SurOeste disse...

Pois eu penso que ela non tiña risco de namorar porque pechaba os ollos durante a cópula, ela dicía que para concentrarse mellor, e que a preferencia dunhas posturas con respecto a outras debíase a que esixía aquelas nas que aínda coubese a posibilidade de reaccionar e escapar se se daba o caso.

Erithacus disse...

Podería pechar os ollos pra imaxinar que era outro "Adán", posiblemente moreno, pois o Adán non era o primeiro home, solamente o primeiro albino. Tamén debeu de desenrolar a habilidade de poñer os ollos en branco no momento do clímax, para que non se dera unha forte asociación entre as fortes emociós do momento e a visión de unha cara concreta, que podería desenrolar un "reflexo condicionado" de tipo pavloviano.
O de poder escapar, do partenaire ou de outros enemigos, durante o acto sexual, non é "pecata minuta". Son momentos de forte indefensión. Os animáis con moitos enemigos naturáis teñen "sexo rápido", "polvo de coello" que adoita a decirse. É por eso que calquer ruido, ou calquera presencia estrana, pode "cortar o rollo" rápidamente. Pode ser que Lilith fose a primeira muller capaz de poñersde en pé rápidamente e e fuxir de xeito "bípedo". Segun eso, o "bipedismo" sería inicialmente unha conquista femenina.

Aníbal Léctor disse...

Buff, cando saben vostedes de "historia sagrada" (sic) e de sexo, mi madriña! Eu seilles ben pouco de cada cousa. Mais quero aprender, que aínda estou a tempo.

Aníbal Léctor disse...

Quería dicir "canto saben...".

SurOeste disse...

Aprenda, don Aníbal, se quere aprender que aquí todo o mundo comparte xenerosamente a súa sabiduría.

Aníbal Léctor disse...

Niso lle ando, dona SurOeste. Moitas grazas polo acollemento.

Motacilla Alba disse...

Siga aprendendo, Anibal Lector:

"A ella le gusta mucho el semen del hombre, y anda siempre al acecho de a ver dónde ha podido caer (generalmente en las sábanas). Todo el semen que no acaba en el único lugar consentido, es decir, dentro de la matriz de la esposa, es suyo: todo el semen que ha desperdiciado el hombre a lo largo de su vida, ya sea en sueños, o por vicio o adulterio . Te harás una idea de lo mucho que recibe: por eso está siempre preñada y no hace más que parir."

Primo Levi, Lilít y otros relatos.

SurOeste disse...

No inferno, coas altas temperaturas, o seme é de moi mala calidade e non fecunda. Loxicamente, Lilith,ao instalarse por propia vontade no inferno, non pode estar moi interesada no tema da fecundación.

A sacralización do seme vai estreitamente ligada á orixe do patriarcado, así como a consideración da muller como simple receptáculo e obxecto de intercambio entre varóns. Lembremos a historia de Onam...

Os xudeus teñen unha tradición misóxina polo menos tan patolóxica coma a dos católicos. Sigamos aprendendo sen perder a perspectiva.

Troglodytes disse...

O seme é "semente", e o home "semental". As sementes e as sementeiras sempre tiveron o seu punto de sagrado, sí.
Eu teño a teoría de que aos "seminarios" chamábanlle así por as moitas "pallas" (con perdón) que se facían neles (según contan os que estiveron, que non é o meu caso), máis que por seren "semilleros" de curas.
En todas as mitoloxías abundan as historias nas que un home copula coa terra.Os psicoanalistas falan ás veces das fantasias de antigos labregos para os que o acto de arar a terra era una sublimación do acto sexual, unha penetración na "muller-terra" con algo tan duro como unha rella, seguida da conseguinte "sementeira".

Aníbal Léctor disse...

Eu quero ir con Lilith ao inferno. Teño saudades do inferno, tan quentiño el nesta época quen vén de dura friaxe.

SurOeste disse...

Vaia, vaia, vou ter que poñer outro post, que anda o formigo da saudade por aí tecoleando.

SurOeste disse...

Uf, que susto! levaba horas sen poder entrar na miña casa virtual, pensei que estaba definitivamente expulsada e tería que refuxiarme no... inferno.

Upupa Epops disse...

Agora xa non escaldan a un en auga fervendo, ao entrar no inferno. Eso era antes, cando iba a xente sin se lavar de toda a vida.
Coa Lilith non teño moito trato, sempre pasóu moito de mín. Ándolle detrás, anque xa sei que non teño nada que facer con ela. Pero un sigue creendo que é inmortal anque saiba que vai morrer, e un sigue teimando con unha muller anque saiba que non ten chances. Tiña que ter abandoado a esperanza, eso é o que di o rótulo da entrada ao inferno, pero nada.
O demo cáeme simpático, e póñolle unha veliña de vez en cando. Tamén teño algús amigos no inferno, sobre todo un ao que lle gustaba moito xogar ás cartas, e que me deixóu encargado que lle botara unha baraxa dentro da caixa cando o enterraran, pra chegar alá con cartas novas, e que non puderan facerlle trampas.
Din que a temperatura do inferno é tanto maior cantas máis almas entran nel. Quere decir que a tortura dos que están dentro aumenta coa entrada de outros. É algo ben perverso, pero o inferno é o reino da Perversidade.
Din que o demo gana poder con cada persoa que deixa de creer nel.Posiblemente pase o mesmo con Lilith. Imaxino que por eso sempre quixo pasar desapercibida. En toda a Biblia, aparece citada unha soa vez, ao parecer.Comparte logo esa característica coa información, cuyo coñecemento ten máis poder canta menos xente a coñece.
Imaxino que no tránsito á cópula frontal por parte do ser humano, habería bastantes desencontros entre os partidarios das vellas posturas e os das novas. Teño a teoría de que a linguaxe debeu nacer pra que os amantes puderan entenderse ante as innovaciós: "Ponte así, ponte asá. Faime esto, faime aquelo". Inda hoxe a linguaxe é moi importante durante o acto sexual. É posible que a linguaxe materna sexa aquela que nos sae pra soltar tacos cando nos damos cun martelo nun dedo, e tamén a que sae nos momentos do clímax sexual. Gustaríame sabe qué ligua fala Lilith. Como nunca se dignóu en falarme, non o sei.

SurOeste disse...

Aníbal Léctor e Upupa Epops poden poñerse de acordo para pagar un taxi a medias e ir pedir cita á consulta que puxo a astuta Lilith no inferno. Eu mentres vou poñendo outro post.

Aníbal Léctor disse...

Eu non comparto taxi con ninguén, e menos para ir xunto á miña adorada Lilith. Ela sabe que non son ningún Adán e que non a vou obrigar a obedecer: ben sei que non é ningunha succuba. Tan só espero que me ame febrilmente desde a súa libérrima vontade. Daquela, direi con Peter Gabriel: “But from her pale face and her pale skin, a moonlight shined”. Mais quen sabe? Talvez pola súa demorada estadía no inferno xa non sexa pálida. Eu aínda o son... ou iso espero.