
Modo de facelo: para un litro de tostado precísanse entre sete e oito quilos que uvas pasas, neste caso da caste autóctona de torrontés, que deberán estar ben maduras no momento de ser vendimadas e serán postas a secar durante catro meses, coidando moito de que non as coman os paxaros.
Posoloxía: unha vez ao ano e ao remate da vendima nunha cantidade que en ningún caso debe exceder un dedaliño por persoa.
Propiedades: levanta as paletillas caídas, creea lazos de solidariedade entre as persoas que o beban xuntas e de gratitude co administrador.
Historia: o tostado do Ribeiro era un viño doce resultado dun proceso de fermentación absolutamente natural das uvas deshidratadas. Como parte do proceso de desculturización e desvalorización do propio que padecemos, nas últimas décadas deixou de facerse, en parte polo pouco rentábel que resultaba e en parte porque a ninguén se lle ocorreu sacar proveito económico a un produto único, quintaesencia da uva, estación termo da cultura do viño. A recuperación deste produto pasa pola investigación da memoria oral e a experimentación.
Brindemos!
6 comentários:
Brindemos pois!
¡Convide, carallo!
iso, un convite ¡xa!
Coido que fan falla sete veces máis de uva. Unha ruina, seica.
Isto era o que se levaban os ingleses antes de que por mor dun andazo baixasen a porto para apañar viños doces.
Teño un amigo que o pai de 78 anos ten algunha botella e que me deixa beber un chisco, moi adminstrado, cada vez que vou á casa a comer.
De dous ou tres quilos de uvas nada, seis ou sete.
Definitivamente son máis uvas das que puxen, vouno cambiar.
Enviar um comentário