Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, outubro 23, 2009

A liturxia do falo


Na 3ª parte de Sexual Politics, o clásico libro de Kate Millet, analízase a obra de catro escritores: D. H. Lawrence, Henri Miller, Norman Mailer e Jean Genet. Do primeiro deles arrinca cun texto da novela O amante de lady Chatterley que a continuación reproduzo. Os comentarios de Millet acerca da política sexual proposta no texto son moi interesantes, desde logo, pero a min interésanme tamén os vosos.

"–Déixame verte!
El quitou a camisa e permaneceu inmóbil, cos ollos fixos na súa amante. Unha raiola de sol que penetraba pola ventá iluminaba as coxas e o seu fino ventre, e o falo erguíase, escuro e cálido, sobre unha ardente nube de velo dourado. Ela estaba abraiada e asustada.
–Que estraño!– murmurou suavemente–. Que estraño parece! Tan grande, tan moreno e tan seguro de si! Está sempre así?
O home mirou o seu branco e esvelto corpo, e botou a rir. Entre as súas tetiñas agromaba un velo espeso, case negro. Pero no seu baixo ventre unha resplandecente nube roxa ourelaba o seu groso e arqueado falo.
–Que arrogante!– bisbou inquieta–. E que espléndido! Agora comprendo por que sodes tan imperiosos os homes. Pero é verdadeiramente cautivador. Coma se fose outro ser! Inquietante pero fascinador! E apunta cara a min!– Trabou no labio inferior, temerosa e excitada.
El mirou en silencio o seu falo erecto que non se alteraba...
–Unha cona, iso é o que ti buscas. Dille a Lady Jane que desexas unha cona. John Thomas, ti desexas a cona de lady Jane.
–Por favor, non o importunes!– dixo Connie, arrastrándose sobre a cama e rodeando cos seus brazos as finas cadeiras do seu amante. Logo achegouno cara a si, ata que os seus peitos rozaron, abaneando suavemente, a punta do falo tenso e excitado, apañando o seu zume. Apretouse contra el.
-Déitate!– dixo este– Déitate e recíbeme!
Agora tiña apuro."

D. H. Lawrence, O amante de lady Chatterley (1928)

10 comentários:

Aníbal Léctor disse...

Tipo curioso este D.H. Lawrence. Lido hoxe “O amante de Lady Chatterly” (1928) pode verse como algo primitivo e inxenuo. Fácil é de adiviñar por onde pode ir a crítica de Kate Millet, que descoñezo. Sobre o pobre John Thomas recaen todas as acusacións habidas e por haber, xustas e inxustas. Nunca un adminículo deu tanto que falar e que escribir.

Erithacus Rubecula disse...

Non é un apéndice do corpo. É o resto do corpo o que é un apendice del. Podería escribirse unha parodia de "O xen egoísta" titulada "O falo egoista". Coincidirían moitos dos argumentos.

SurOeste disse...

Como que sobre o pobre John Thomas recaen todas as acusacións habidas e por haber??? Máis ben é ao revés: sobre el recaen todos os milagres habidos e agárdanse outros tantos. Esta fe cega na omnipotencia de tan pouquiña cousa é o gran misterio das relacións que moit@s human@s manteñen entre si, por certo, sen ter que falar nin escribir moito sobre o tema porque xa se dá por suposto (coma sempre que o sistema funciona plenamente).

Dendrocopus disse...

O falo, fermoso e desafiante, é o príncipe en que devén o "sapo",asqueroso e cheo de colgaxos de pel, después de que a princesa lle dé o bico.

Podiceps disse...

O home enfréntase á muller có seu falo erecto como si fose unha espada relucinte. A muller espérao tamén, os seus pezós erectos coma puñáis. Ao primeiro contacto, a espada desínflase. Non era máis que un espada globofléxica.

Fermín disse...

¿O de pouquiña cousa non será por min?(quero dicir, polo meu, treizooume o inconsciente John Thomas)

Anónimo disse...

Non sei, non sei que pensar.
A verdade é que Lawrence foi un rompedor na súa época e deu visibilidade á sexualidade a pau seco.

Que si, que Virxinia Wolf criticouno por misoxinia, pero coido que se cadra só é ser dun tempo e dun lugar.

Que se pensaría da sexualidade do Satiricón de Petronio, ou do Asno de Ouro de Apuleyo, ou no tempo actual, de Terenci Moix ou Antonio Gala.

Que imaxe da sexualidade, e dos roles sexuais de homes e mulleres? Misoxinia? Condición sexual? Virtude? Vicio?

Non sei!

Dendrocopus disse...

A mín chámame a atención o feito de que moitos homes lle poñan nome propio ao seu membro viril, coma no caso do texto. É posible que sexa porque,cando este "esperta", pasan a comportarse de outro xeito, como si un Mr.Hyde os poseera.É sabido que, pra conseguir a erección, o falo énchese de sangue, co que falta o rego sanguíneo na corteza cerebral, onde residen as "virtudes intelectuáis" do individuo, en toma o relevo o "cerebro de reptil". Por eso decía amiña avoa que "o home có carallo levantado non ten conciencia".

Anónimo disse...

Hai algo diso que dis,
Aínda que eu coido que o ser humano, conciencia non ten moita. Pero a miña experiencia é que as avoas sempre teñen razón.

Andros disse...

Eu estou canso de que as mulleres sólo me queiran como home-obxeto,por o meu carallo .O que desexo é que me queiran por a miña irresistíbel persoalidade. Calquer día de estes, trónzoo.