
Foto de Xebe d´Afrei
Ás veces paseando unha atopa cousas así de desacougantes que nos advirten de que o horror está a espreitarnos en calquera esquina, detrás dos valados que beirean os camiños, na horta do veciño, na porta do lado...
Que é o que tornan o espantallo con careta de vella e guantes recheos, a sotana empalada e o burriño de peluxe aforcado?
Non é mil veces máis inaceptábel esta imaxe ca unha familia de corvos merendando as peras? Os corvos actúan en familia?
As demencias en boa medida si.
2 comentários:
Realmente desacougante. Non sei se terei pesadelos hoxe.
É que non é pra espantar ós corvos. Os corvos non lle facemos caso ningún. É pra espantar ós ladrós (humanos) de froita. A xuzgar por o escrito e comentario anterior, con éxito.
Enviar um comentário