Número total de visualizações de página

sábado, outubro 10, 2009

Había unha vez...

Foto de Xebe d´Afrei


Segundo Vladimir Propp a estrutura dos contos populares baséase nunha trama básica moi simple: o heroe inicia unha busca que o conduce á "esfera de acción dunha princesa e do seu pai" para o que deberá superar diversos obstáculos, mesmo poñendo en risco a súa vida, para, finalmente, alzarse co trofeo –a princesa– e o que ela significa –a transmisión do poder pola súa mediación–.

Propp relaciona isto cun estadio de transición do réxime matriarcal –máis antigo, onde a transmisión do poder era matrilineal– ao réxime patriarcal, que acabaría substituíndoo, onde a transmisión se fai patrilinealmente.

As tramas, segundo afirma en Oedipus in the Light of folklore, non reflicten directamente unha orde social determinada, senón que xorden do conflito, das contradicións de diferentes ordes sociais segundo se suceden e reemprazan unhas a outras. Esta tensión entre ordes diferentes é o que se manifesta nas tramas, na súa transformación e dispersión de motivos e tipos.

Visto así, Edipo –lembremos, o príncipe de Tebas que, criado lonxe do fogar paterno e descoñecedor da súa orixe, regresa á súa terra onde mata ao seu pai, casa coa súa nai e ocupa o trono– aparece na encrucillada histórica na que se atopan en conflito as dúas formas de sucesión: a matrilineal, na que o poder é tranferido do rei ao xenro por medio do matrimonio coa filla do rei, e unha posterior, patriarcal, na que pasa directamente do rei ao seu propio fillo. Nesta última, a transferencia de poder implica a morte do vello rei, normalmente por asasinato, tema que no floklore aparece unido ao tema do parricidio e da profecía. Esta é necesaria porque non pode admitirse que un fillo desexe matar conscientemente ao pai. Coa aparición da profecía faino inconscientemete por esixencia dos deuses, como ocorre con Edipo.

Nos contos máis antigos, continúa Propp, é a propia princesa ou o seu pai quen se encarga de poñer a proba ao estranxeiro-aspirante para saber se é merecente de acceder á súa liñaxe e ao poder.

Malia todo ela permanecerá inmóbil, no pazo, e observará desde unha alta e segura torre –simple observadora ou princesa-feiticeira que coa súa astucia intentará levar á morte ao aventureiro– a evolución das accións do heroe con moita atención. E é que... non todos valen para príncipes.
(Lendo a Teresa de Laurentis, Alicia ya no, Ed. Cátedra)

11 comentários:

Aníbal Léctor disse...

"Non todos valen para príncipes". Ai, canto doe esa conclusión! :-(

r.r. disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
mar de Lempicka disse...

Deberían prohibir os contos de fadas. Crean expectativas inútiles na vida que despois desencadenan en verdadeiros problemas psicolóxicos.

SurOeste disse...

Seguiremos falando sobre o tema, mar de Lempicka.

http://nubosidadevariabel.blogspot.com/2006/06/ferocidades-domsticas_10.html

Xis disse...

Comentoume unha amiga italiana hai tempo que é curioso ver as familias italianas. Como as nais son sagradas, porque teñen unha relacións especial cos fillos. Daquela cando se casan os maridos siguen tendo unha relación especial coas nais e están afastadas das mulleres, de xeito que estas vólcanse nos fillos, ad aeternum.

Os príncipes so fican nos castelos, pero pensemos que se xa somos homes e mulleres un desastre pensándonos príncipes e princesas, imaxinemos que non tivesemos referencias infantís, que ficaría? Cristiano Ronaldo e Belén Esteban?

pufff



sogras deter

SurOeste disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
SurOeste disse...

Xis, segundo os contos, quen detenta o poder son os homes, as mulleres transmíteno e, en tal caso, teñen un poder de baixa intensidade centrado no control afectivo, un poder que se ten que valer da astucia –teñamos presente a serpe– ou da maxia ante o verdadeiro poder masculino.As armas do débil, en definitiva.

Non o esquezamos, en moitos lugares o imaxinario feminino vese reducido a: nai, bruxa ou...velina?

Xis disse...

Absolutamente así, de feito o problema social actual é a mudanza de institucións de orixe masculina e de comprensión masculina. Por iso agora o choque é máis virulento, porque esa mudanza de valores trae unha nova estructura social, non illada.

Coido que co nacionalismo pasa o mesmo, agora non é unha xeración que pide permiso, somos unha xeración sen complexos, por iso a sociedade non galega está tan axitada, porque é unha mudanza estructural.

Agardemos que nun caso e noutro cheguemos a un novo camiño.

Perdoa Anxos pero que pesado son.

SurOeste disse...

Encántame este intercambio, :)

marlempicka disse...

Vaia, a versión túa da Caperuchiña é moito máis crible ca tradicional. Parabéns

SurOeste disse...

A min tamén mo pareceu, grazas.