
Que fermosa es, miña rula! Tardei en atoparte pero por fin estás comigo, ao meu lado, para min. Sabes?, terte faime feliz de verdade. Non podes imaxinar o tolo que me puxen cando botaches a correr. Menos mal que atopei o zapato que foi o que, finalmente, me levou a ti: o único pé do mundo que podía entrar neste zapatiño tan pequeno.
Non estás cansa?, miña pobre... e esas mans tan estragadas de fregar non volven facer nada máis que poñerse unha sobre a outra, en cada dedo seu anel. Diso encárgome eu. Xa non terás que traballar, nin ter conta de nada, só quererme a min e seguir a miña mirada. Reflectir todos os días a miña imaxe na túa mirada serena e confiada, coma agora. Máis ca agora, que estás cansadiña. Repousa miña xoia, no meu ombreiro, recibe os dons que che ofrezo e vivirás practicamente feliz nun pazo de ouropel herméticamente pechado.
2 comentários:
O afán de posuír (propiedade privada, plena e perfecta) disfrazado da perpétua chantaxe do amor.
Xa che digo, sempre é un gusto entrar no teu blog. Teño moito que comentar dende as fendas ata as flores...
Pero saio para Euzkadi, outro día dareiche a lata.
Parabéns coma sempre e a seguir escribindo
xmpb
Enviar um comentário